O pasado venres, 16 de maio, celebramos no cole o día das Letras Galegas.
O alumnado de 6º foi o encargado de achegarnos a vida e obra do autor homenaxeado este ano: Xosé María Díaz Castro.
Aproveitamos a ocasión para presentar os libros viaxeros que fixemos conxuntamente durante o 1º trimestre. Este é o de 1º ciclo de primaria e infantil. Podedes gozar co outro en Bibliocouceiro.
Quedaron moi chulos, non si??
A continuación tivo lugar a final do VI Certame de Poesía Couceiro Freijomil, no que os peques de Infantil participamos cunha poesía sobre as nosas mascotas.
E rematamos a festa bailando coa música tradicional de Los fenómenos!! Moitas grazas pola vosa participación!!!
FRASES CON FIRMA
Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!

Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de mayo de 2014
lunes, 17 de junio de 2013
Visitounos Cosquillera!!
A pasada semana tivemos na clase das Xirafiñas unha visita moi especial: Cosquillera, a tartaruga do noso compi Antón.

Esperemos que Cosquillera recupérese da visita á nosa clase, e a das súas amigas as Tartarugas, porque nós o pasamos moi ben vendoa, dándolle de comer e ata colléndoa!!!
Moitas grazas a Antón e a súa familia por esta experiencia!!

lunes, 10 de junio de 2013
De festa con Los Fenómenos
Hoxe visitaron o cole o grupo de Batukada Los fenómenos!!!
Que festa!! Que ritmo!! Que marcha!!!
O pasamos pipa, e deste xeito imos animando o fin de curso e a chegada do verán!

Moitas grazas a todo o grupo por animarnos a ritmo de Batukada!!!
Se tedes fotos ou videos podedes mandalos a anaalvarezfontenla@edu.xunta.es para compartilos.
Moitas grazas!!!

lunes, 20 de mayo de 2013
Celebramos o día das Letras Galegas
O xoves pasado, vispera do día das Letras Galegas, celebramos no cole esta festa .
Todos xuntos no salón de actos escoitamos como os maiores do cole explicábannos brevemente a vida e obra do autor homenaxeado este ano: Roberto Vidal Bolaño.
Despois comezou a final do V Certame de Poesía Couceiro Freijomil.
Os peques de infantil participamos con unha poesía conxunta que elaboramos entre todos pensando verbos que podíamos usar con cada letra.
Aquí a tedes:
"POESÍA"
Co P podemos pasear, patinar e patalear,
co O podemos observar, oír e ordenar,
co E podemos escribir, escoitar e escavar,
co S podemos saltar, sentir e salvar,
co I podemos ir de viaxe, imaxinar e inventar,
co A podemos agarimar,adiestrar e andar,
con só 6 letras cantas cousas podo facer!!
Os poetas gañadores de cada ciclo subiron ao escenario para poder ler as súas creacións e, con moitos nervios de artistas e público, anunciar o gañador e entragar os merecidos premios!!
Despois dos premios escoitamos, cantamos e bailamos unha marchosísima canción!!
A deixamos aquí para que a desfrutedes tamén na casa:
Xa imaxinades que despois de tanta festa estabamos cansiños, cansiños... pero aínda tivemos marcha para rematar a festa con "Os fenómenos"!!!
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración na festa, especialmente aos compoñentes do grupo que cada ano aníman o fin de festa!!

jueves, 18 de abril de 2013
As aventuras de Quebranoces
Hoxe tivemos concerto no cole!!
A profe Lara estivo durante as pasadas semanas traballando con nós a obra de Tchaikovsky, "El Cascanueces", e hoxe visitou o noso cole a Asociación Musical Musicreques, cun dúo de piano composto por Alma, a mamá de Iago das Bolboretas, e Loreto.
Grazas a súa música e os monicreques viaxamos coas persoaxes do conto de Hoffmann por distintas paisaxes: descobrimos a fría Rusia, escapamos dunha serpe famenta no coloroso deserto de Exipto, subimos a antiga muralla chinesa, e terminamos no conservatorio de música de Ferrol.
O pasamos fenomenal desfrutando da historia e da música, e ata terminamos bailando o vals!!
Moitas grazas a Alma e Loreto e aos seus monicreques por visitar hoxe o noso cole!!

lunes, 15 de abril de 2013
Rogelio Botanz e o Silbo Gomero
O pasado venres tivemos no centro unha visita moi especial: Rogelio Botanz.
A través da asociación Roxín Roxal contactamos con este cantautor canario, de orixe vasco, que ademáis de adicarse a canción é un gran mestre do antiguo arte do silbo gomero.
Antes da visita, como grandes investigadores que somos, pescudamos onde estaban as Illas Canarias, cal era a Gomera, e que era iso do silbo. Aprendimos que a illa está feita a partires de lava do volcán e que por iso ten montañas moi altas e vales moi profundos que facían moi dificil a comunicación entre os habitantes, polo que idearon a comunicación a través do silbo.
Estabamos bastante alucinados de que algúen falar así... pero pronto o entendimos moi ben grazas a Rogelio e os seus axudantes.

Explicounos que asubían usando as vogais e pouco a pouco o oído fíxose ao son, porque entendiamos bastante ben o que quería dicirnos!!
Moitas grazas pola visita!!

viernes, 8 de marzo de 2013
Visítanos Pablo, o apicultor
A nosa investigación marcha!!!
Hoxe recibimos no cole a Pablo, un apicultor que explicounos moitas cousas interesantes sobre o tema que estamos a pescudar: as abellas.
Tamén trouxo moitos obxectos para ensinarnos: un favo da colmea, un boteciño de polén, boteciños cun mel riquísimo que probamos de moi boa gana...e ata unhas abelliñas para que as viramos cunha lupa!!!
Os peques tiñan moitas dúbidas sobre o tema, así que na ronda de preguntas Pablo solucionounos moitas delas con moita, moita paciencia.
E para agradecerlle a sua visita, de forma espontánea, os peques "regalaronlle" a nosa cantiga do entroido dos apicultores.
Moitas grazas Pablo pola túa visita, e a Enma (mami de Ana) polo contacto!!
Deixámosvos tamén unhas fotiños das nosas investigacións na pantalla dixital.

lunes, 4 de marzo de 2013
Visítannos Patri e Alex!!
Que sorpresa levamos o xoves!!
Ao chegar a clase atopamos unha carta para as Xirafiñas!! A profe axudounos a lela e descobrimos que era de Patri e Alex, os contacontos da editorial Kalandraka, e contábannos que pronto visitarían o noso cole cos seus contos, os seus instrumentos, e miles de historias.
Despois do recreo, a biblio estaba chea de vida e as profes leváronnos para poder participar neste contacontos.
Patri explicounnos que era iso dunha "editorial", e ensinounos algúns dos contos que facían na súa "fabrica" e Alex tamén ensinounos os instrumentos musicais que traían: un acordeón, un xilófono e unha pandeireta.
Empezamos escoitando o conto "Os petos de Loreto", unha rapaza que tiña un abrigo con moitos, moitos, moitos petos!! E de cada un deles saía unha mini-libro co que empezabamos unha nova aventura: "A galiña roxa" e "Gatiño e o balón".

miércoles, 21 de noviembre de 2012
Concerto no Couceiro
Sons de trompetas, trombón, tuba e saxofón saían onte do noso cole porque un cuarteto de vento visitounos e fíxonos un concerto privado!!! Que luxo!!
O pasamos moi ben e o mellor é que ademáis aprendemos moito sobre estes instrumentos, porque xa se sabe, a teoría está moi ben, pero unha sesión de práctica non ten prezo!!

Despertaríamos a vena músical dalgún dos peques?

viernes, 5 de octubre de 2012
Ollo con esta pranta...
Onte a nosa compi Cris, das Tartarugas, trouxo á nosa clase unha prantiña moi especial: unha pranta carnívora!!
Xolda, que así é como a chamou, atrae aos bechiños coas súas cores e os seus olores e cando se lle posan nas follas... ñam, ñam!!
Pero non vos preocupedes, podedes poñer o dediño nela que non o papará!!

miércoles, 23 de mayo de 2012
Coñecemos os traxes e instrumentos galegos
No cole non paramos de festexar o días das Letras Galegas, e esta semana visitáronnos algúns dos integrantes do grupo Los Fenómenos e papás e mamás dalgúns dos alumnos de infantil.
Con eles aprendimos os diferentes traxes galegos e as súas partes, e tamén as características dos instrumentos máis característicos do noso folklore.
E como fin de festa, un pouco de movemento a galega!!
O que nos gusta un bo baile ao son das gaitas!!
Moitas grazas papás e mamás pola vosa colaboración e entrega nas explicacións!!

sábado, 19 de mayo de 2012
Visítanos Antón Mancal
O pasado martes todos os nenos de Infantil recibimos moi animados a Antón Mancal, axente forestal das Fragas do Eume.
Con el aprendimos moitas cousas sobre as fragas, os perigos que sofre, as consecuencias do incendio, os animais que están maliños polo lume e polo fume...
A través de un montón de fotos achegounos ao seu traballo diario e de seguro que xa temos a moitos rapaces concienciados da importancia de coidar os nosos tesouros naturais!!

Que contaron da experiencia??

sábado, 3 de marzo de 2012
Que será, será...?
O venres a clase dos Peixiños veu á nosa clase para ensinarnos algo moi especial que trouxera Daniel: un ovo de oca!!!
Ao principio estabamos algo perdidos, era un ovo, eso estaba claro, pero... Cun pouco de axuda decatámonos de que era máis grande que os ovos de galiña que temos na casa.
Pero non foi o único que descobrimos. Os bebés nacen da barriga da mamá, como algún sabía por experiencia propia, pero as ocas?? Pois as ocas nacen dos seus oviños, sempre que a "mamá oca" os cuide e lles de calor. E como unha imaxe vale máis que todas as explicacións da profe...
Xa vedes, estamos sempre a aprender novas cousas!!

Cando a profe Ana explicounos que era un ovo de oca, tampouco estabamos moi seguros de como era unha oca... menos mal que agora temos o noso ordenador no que puidemos buscar toda a información que nos faltaba!!
Presentámosvos a oca; e as diferencias entre os tamaños dos distintos ovos.
Pero non foi o único que descobrimos. Os bebés nacen da barriga da mamá, como algún sabía por experiencia propia, pero as ocas?? Pois as ocas nacen dos seus oviños, sempre que a "mamá oca" os cuide e lles de calor. E como unha imaxe vale máis que todas as explicacións da profe...
Xa vedes, estamos sempre a aprender novas cousas!!
martes, 24 de mayo de 2011
Os traxes tradicionais galegos
Hoxe a agrupación Orballo achegouse ao noso cole para nós ensinar os traxes tradicionais galegos, tanto o de cotío como o de festa, e todas as súas partes.
Para ver o ben guapos e guapos que ían os galegos fai un tempo tivemos uns modelos de alta pasarela!!
miércoles, 18 de mayo de 2011
A clase das foquiñas recibimos moitas visitas!!
Durante estes días estamos a recibir moitas visitas na clase das Foquiñas, unhas teñen que ver coas nosas investigacións e outras non, pero sempre aprendemos cousiñas. Aquí tedes algunhas destas visitas:

Tamén Victoria trouxo á clase un bechiño que a súa nai atopara, un griliño!! O observamos, vimos cantas patas ten, ten antenas, as ás teñen un circuliños...

Da clase das Gaivotas chegaron uns invitados moi pequeniños, e que ademáis van cambiando co paso do tempo... uns cágados!! Se vos fixades podedes comprobar que cada un deles está nun momento diferente da evolución ata convertese nunha fermosa rá.

E Candela, que levaba moitos días falando da súa "nova novidade" tiña moitas, moitas gañas de ensinarnos a Leo (antes coñecido como Orejas)así que o xoves o seu papá non veu só a buscala!!
Erin e Ana trouxeron uns animaliños mariños que foron moi ben acollidos e dos que aprendimos novas cousiñas do mar.
Tamén Victoria trouxo á clase un bechiño que a súa nai atopara, un griliño!! O observamos, vimos cantas patas ten, ten antenas, as ás teñen un circuliños...
Da clase das Gaivotas chegaron uns invitados moi pequeniños, e que ademáis van cambiando co paso do tempo... uns cágados!! Se vos fixades podedes comprobar que cada un deles está nun momento diferente da evolución ata convertese nunha fermosa rá.
E Candela, que levaba moitos días falando da súa "nova novidade" tiña moitas, moitas gañas de ensinarnos a Leo (antes coñecido como Orejas)así que o xoves o seu papá non veu só a buscala!!
lunes, 2 de mayo de 2011
Busy Bee
O venres foi un día de moito movemento!!
Unha das cousas que fixo que os peques do cole tiveramos tantas emocións foi o contacontos de inglés, a historia de Busy Bee!!
Busy Bee era unha abelliña moi traballadora que ademáis estaba moi ocupada porque tiña que facerlle unha torta de aniversario a abella raíña da colmea.
Foi moi divertida, e ata tivemos un momento de "tensión" cando un oso fixo acto de presencia no escenario!!
domingo, 10 de abril de 2011
Visitamos o Acuarium Finisterrae
Os nenos e nenas de EI visitamos o Acuarium de A Coruña o pasado día 30 de marzo e o pasamos moi ben e tamén aprendimos moitas cousiñas!!
Aquí tedes un resumo dese día tan especial, no que puidemos tomar a merenda con vistas!!
As fotos dos animais non teñen moita calidade por non poder usar o flash, pero poden servir para recordar algúns das especies que vimos.
A partires de agora imos a traballar o tema na clase, así que xa sabedes... os rapaces poden traer ao cole distintos materias para seguir investigando.

martes, 22 de marzo de 2011
O circo no cole!!
Como anticipo da celebración do Día do Teatro o 27 de marzo, visitou o noso cole a compañía Tanxarina Títeres para representar a obra Titiricircus.
Atención damas e cabaleiroooooooossssss!! Xa está aquí o circo!!!!
O home máis forte da pensínsula Ibérica: Bigotín!!! Un encantador de serpes!!! O malabarista Tato!! Venancio o monociclista!!! Un aplauso para todos!!!!

O pasamos moi, moi ben con todas as historias que contaronnos sobre eles e as súas actuacións!!

jueves, 3 de febrero de 2011
Os peixiños traen unha sorpresa!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)