FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta maios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta maios. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de mayo de 2014

Maio, Maio... Maio chegou!!

Xa chegou a primavera... ou iso intentamos!!!

O venres o Couceiro encheuse de flores de todas as formas e cores para festexar entre todos a festa da primavera: Os Maios.

Este ano como veteranos, xa sabiamos moi ben de que ía iso de facer unha figuriña con flores, así que visitamos a aula de psicomotricidade (que parecía mesmo unha florería!!) e recordamos o nome das distintas flores, dos distintos verdes... e decidimos facer unha grinalda de margaridas e outra de ovos.

Na clase esmerámonos moito en que quedaran moi chulas e logo as levamos para que os familiares colaboradores axudaran a poñelas no noso Maio.


Queremos agradecer unha vez máis a colaboración de todos na recolleita de verde e flores e especialmente a axuda dos papás, mamás, avós... que traballaron connosco para que o noso maio quedara así de bonitiño, MOITÍSMAS GRAZAS!!





miércoles, 1 de mayo de 2013

Xa chegou o noso Maio, enchendo todo de cor!!

Asi dicía a nosa cantiga e iso foi o que pasou onte no cole.

Dende primeira hora, e grazas a colaboración das familias, o noso Maio empezou a tomar forma.

As Xirafiñas e Tartarugas traballamos moito facendo unhas grilandas moi chulas: de calas, de ovos e de mandarinas!!!


O tempo non deixou que o desfile fora todo o espectacular que quixemos pero os peques do cole ensinaron o seu "Corazóns de Maio" con moita gracia e cantaron aínda mellor!!

Dende aquí quero agradecer de novo a colaboración das familias, moi especialmente ás nais e pais que achegáronse ao centro para axudarnos na preparación do Maio. O ano próximo máis e mellor!!! Graciñas!!

lunes, 30 de abril de 2012

Aí ven o maio fermoso!!

Fiuncho, laranxas, margaridas, calas, ovos... cada quen trouxo a súa aportación para o noso Maio: "O Maio dos Couceiriños"!!!
Organizámonos por niveis, e os peques das Xirafiñas e as Tartarugas fixemos unha grilanda de calas e outra de limóns, que quedaron moi chulas!!
Logo as colocamos no noso maio, e xunto coas que fixeron os nosos compis, quedou así de bonitiño!!
O noso maio quedou do máis locido con laranxas, calas, margaridas brancas e laranxas, limóns, mandarinas, ovos, caraveis...
Despois, ben guapos coas nosas coroas, fomos ver o resultado final do noso traballo e cantar a nosa cantiga.
Aínda que a chuvia estropeou un poco a festa, xuntámonos todos no corredor do cole para desfrutar dos maios e as cantigas dos nosos compis.


maios12 - presentacion imagenes

O pasamos moi ben, e mañá espéravos o "Maio dos Couceiriños" para que o levedes de paseo e de seguro que causa sensacíón!!

martes, 17 de mayo de 2011

O noso Pequerrechemaio!!

Moitos días despois, por problemas técnicos, podedes ver o gran resultado do noso traballo co Pequerrechemaio!!

E. INFANTIL from Tic Tac on Vimeo.

lunes, 3 de mayo de 2010

O maio dos couceiriños

O venres no cole fixemos entre todos os nosos maios.
No noso puxemos calas, azaleas, guirnaldas de margaridas e laraxas... quedou moi chulo e foi moi divertido facelo entre todos!!


Podedes ver todas as fotos pinchando aquí.

martes, 5 de mayo de 2009

Os Maios

O xoves o noso cole cheouse de flores para celebrar a festa dos Maios; pero xa levábamos un tempo preparando a celebración facendo unhas coroas moi chulis e aprendendo a canción do "Cuco".
Para aprendela fai uns días os nenos de 4º de primaria deronnos un recital e o pasamos moi ben, sobre todo porque moitos nenos eran "moi coñecidos".



Xa o xoves todos os nenos de infantil xuntámonos no ximnasio e coa axuda das profes, que puxeron o verde no maio, fumos escollendo cada un unha flor de todas as que había e colocándoa. O resultado foi moi bo e o pasamos moi ben!!


Despois do recreo, como o tempo non acompañou, paseamos os nosos Maios polo corredor do cole cantando a canción que aprendemos.



Foi unha festa moi movida!!!! Grazas a todos pola vosa colaboración.