FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta magosto. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de octubre de 2013

O porta-castañas do Magosto

As xirafiñas e o resto de compis de Infantil, xa estamos pensando nas riquísimas castañas asadas do magosto e necesitamos un brick baleiro, limpiño e cortado pola metade (todos os lados menos unha das caras anchas) para preparar o noso porta-castañas.




Moitas grazas pola vosa colaboración!!

lunes, 5 de noviembre de 2012

Sí que as quero, sí que as quero... castañas do noso Magosto

Que troula de día!!
Por si non chegara a festa do martes, o mércores máis!! Porque celebrábamos o magosto, e máis Samaín (que cun día de leria non chega...)

A mañana empezou con certa normalidade, pero despois de tomar a parva... primeiro fomos a ver o xardín do cole que estaba cheíño de cabazas. Aínda descobrimos algunha que o martes pasounos desapercibida, e ata atopamos unha seta!!

Despois do recreo, cos nosos castañeiros e os batidos de choco preparados, subimos ao patio dos maiores e bailamos todos xuntos a muiñeira que preparamos coa profe Lara.
Que ben o fixemos!!

Co traballo ben feito era hora de encher a barriga cunhas riquísimas castañas que asaron o profe Suso e o profe Santos.

E despois de comer máis festa, baile, xogo...

Foi un día estupendo, verdade??


Dende o cole queremos agradecer a leite Celta a súa colaboración na nosa festa!!

viernes, 19 de octubre de 2012

O portacastañas do Magosto

As xirafiñas e o resto de compis de Infantil, xa estamos pensando nas riquísimas castañas asadas do magosto e necesitamos un brick baleiro, limpiño e cortado pola metade (todos os lados menos unha das caras anchas) para preparar o noso porta-castañas.



Moitas grazas pola vosa colaboración!!

domingo, 30 de octubre de 2011

Castañas do noso Magosto

Despois dun día de festa de medo, sustos, cabazas... chegou o día do Magosto.
As xirafas xa tiñamos listos os nosos castañeiros, que fixemos cun brick e moito traballiño, para levar as nosas castañas.
Aproveitamos os primeiros momentos do día para dar outro paseo polo cole, nesta ocasión polo xardín, para poder desfrutar de novo da exposición de cabazas do Samaín, está vez ao aire libre para que todo o pobo poida desfrutar do noso (e voso) gran traballo.

Seguindo o paseo atopamos aos nosos castañeiros particulares: o profe Suso e o exprofe Antonio, que estaban xa coas mans na masa para que todos puideramos desfrutar logo das riquisimas castañas!!

Despois do recreo, xuntámonos todos no patio dos maiores para cantar "A canción do esqueletos", e merendar as ricas castañas e o batido de choco co que agasaiounos Leite Celta.



Pasádevos polo blog das celebracións do cole, Celecofre, para ver un montón de videos deste día tan especial!
Foi unha xornada de moito movemento pero moi divertida, non si?

lunes, 1 de noviembre de 2010

Festas no Couceiro: Samaín e Magosto

O xoves o cole encheuse de cabazas, pero non calesquera, cabazas do Samaín decoradas na casa polos nenos e nenas coa axuda das súas familias. Quedaron todas estupendas e horrorosamente terroríficas!!!!

O venres aproveitamos o día de festa para ir a pasear polo cole e desfrutar das exposicións de cabazas dos compañeiros e outros traballos, como os instrumentos que crearon os nenos de primaria ou os monicreques con castañas.

Tamén para seguir co espiritu de medo que xa empezamos a crear a pasada semana, terminamos de decorar o corredor cunhas meigas, que según algunhas versións, son as donas das terribles pantasmas que xa fixeramos.


Pero estas non foron as únicas meigas que rondaron polo cole nestes días, porque as foquiñas que traballaron moi ben durante estes días levaron un premio para casa: unha bruxiña-monicreque!!



E seguimos traballando... porque o Güino pensou que sería moi boa idea inventar entre todos os nenos e nenas do cole conxuros e frases máxicas que xuntaríamos nun panel de medo!! O noso conxuro saíu da cabeciña da foquiña Silvia (a quen llo ensinou a súa mamá) pero as foquiñas demoslle o noso toque especial cunha decoración horripilante!!!


Pero non só dan medo as meigas e as pantasmas, coa profe Marga descobrimos que tamén os morcegos poden ser terroríficos!!! Mirade que guapos co antifaz do "BAT"!!


O venres, aínda que o tempo non acompañou (máis ben quería augar a festa!!), nós celebramos no cole a festa do Magosto.
Pero os do Couceiro temos intacto o espíritu festeiro, así que grazas aos profes que asaron as castañas os nenos de infantil puidemos xuntarnos na sala de psicomotricidade para comelas e cantar todos xuntos a canción do Samaín (por eso temos esas caras nalgunha das fotos).

Como podedes ver o pasamos moi, moi ben!!!
Moitas grazas a todos os que colaborades a que as Foquiñas e todos os nenos e nenas de Infantil desfrutemos tanto destas festas!!

lunes, 2 de noviembre de 2009

Castañas do noso Magosto

O venres celebramos no cole o noso Magosto.
A festa empezou coa benvida aos nenos do cole da Capela cos que compartimos a festa.
Mentres esperabamos a que os "castañeiros" asaran a nosa merenda ensinámoslles aos nosos convidados o baile de Don Melitón e tamén o noso cole, e todas as exposicións que tiñamos polos corredores.
Despois tocou o momento de papar as castañas, que boas!!!!!! e como non, de bailar, de correr, de xogar....


Como vedes o pasamos moi ben!!!

domingo, 7 de diciembre de 2008

O libro viaxeiro do Magosto

Xa está rematado o noso libro viaxeiro do Magosto!! Durante estes días voltará as vosas casas para que poidades desfrutar das creacións de todos os compañeiros, que son todas unha chulada!!!
De momento aquí tedes un adianto dos vosos traballos.

lunes, 17 de noviembre de 2008

O Magosto

Para non perder as boas costumes e seguir coas festas o venres celebramos no noso cole a festa das castañas: o Magosto.
Ademais durante todos estes días estiveron na clase preparando o terreo para poder desfrutar a tope da festa: fixeron colares de zonchos, prepararon e decoraron o "cacharriño" para meter as castañas, pintaron unhas castañas ben fermosas que agoran decoran a nosa clase...
Dende aquí mandamos un biquiño á profe Myrian que tocoulle traballar moito nestas festas, moitas grazas!!!


Aínda está a circular por ahí o noso libro viaxeiro do Magosto, se non chegou a vosa casa chegará cedo!!!