FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta corpo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta corpo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de junio de 2010

Que sabemos dos nosos dentes??



Na nosa investigación do corpo había un tema que aínda non tratáramos: os nosos dentes!!
A mamá de Carlos, Rosi, que está moi familiarizada co tema, veu a falarnos sobre o tema.
Coa axuda de Carlos, contounos un conto sobre os nosos dentes e os de algúns animais moi chulo e divertido.
Ademáis trouxo unha dentadura, unha moa e un cepillo de dentes moi grande cos que aprendimos o importante que é lavarse ben toda a boca.

Moitas grazas Rosi pola túa visita!!

viernes, 4 de junio de 2010

Canto pesamos?

A nosa investigación sobre o corpo continúa e nesta semana pesámonos na clase. Foi moi divertido mirar os números que marcaba a báscula e anotalos para poder comparar e recordalos dentro duns anos.

sábado, 29 de mayo de 2010

Os números do corpo

Seguimos investigando sobre o noso corpo e estamos a descobrir que nel están escondidos un montón de números!!
Cos dediños podemos representalos e tamén decatámonos de que non somos iguais, uns temos os pés máis grandes que outros e tamén uns máis altos e outros máis baixos.
Para demostralo miramos os nosos zapatos e vimos que tiñan números!! E uns máis altos que os outros!!
O mesmo fixemos coas alturas. Medímonos e apuntamos os resultados para poder comparalos.


Pero tamén estamos a aprender moito coa pizarra dixital: xogamos, bailamos e aprendemos!!

miércoles, 19 de mayo de 2010

Bailamos co noso corpo

Hoxe, como premio polo ben que traballamos, aprendimos unha nova canción do corpo, con baile e todo!!
Mirade o ben que o pasamos!!


E para que podades bailar na casa deixámovos o video.

miércoles, 28 de abril de 2010

Coa E: esqueleto!!

Seguimos coas nosas investigacións e hoxe tocoulle ao esqueleto, que temos claro que é moi importante porque mantén o corpo dereito.
Vimos cos libros e coa axuda do Esqueleto Manolo que no noso corpo hai moitos ósos, tanto como 206, e aínda que non sabemos os nomes de todos, estivemos a falar dalgún deles: cráneo, columna vertebral, costelas, cadeira, fémur...



Despois fixemos os nosos propios esqueletos, que decoran o recuncho de investigación, e que están estupendos!!!

lunes, 26 de abril de 2010

De cabeza no novo proxecto: o corpo

Xa levamos varios días buscando e recollendo información para investigar sobre o corpo.
A primera actividade que fixemos foi recoñecer as diferentes partes do noso corpo e escribimos carteis para identificalas.
Agora temos un novo xogo, quitar e colocar as etiquetas correctamente.



Aproveitamos para pedirvos novos materiais, radiografías, instrumental médico para decobrir o noso corpo, láminas... Xa sabedes que todo vale nas investigacións das foquiñas!!!