Como xa sabedes, hai unhas semanas as Xirafiñas visitamos o museo de Belas Artes.
Alí empezamos un traballo cos retratos, a partires de "Mujer con sombrero" de Picasso.
Xa na clase o rematamos coas ceras brandas e acuarelas, e o preparamos para a exposición no noso corredor.
Tamén aproveitamos para falar un pouco sobre a obra de Pablo Picasso, porque "este Picasso é un caso" e "todo o pinta do revés".
Nós sen embargo traballamos a percepción de nós mesmos e dalgúns dos nosos compañeiros, e fixándonos moito nas nosas características fixemos estes xeniais autorretratos e o retratos do noso compañeiro.
Que vos parece o noso gran traballo?
FRASES CON FIRMA
Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!

Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
lunes, 23 de abril de 2012
jueves, 15 de marzo de 2012
Visitamos o museo de Belas Artes
Hoxe algúns nenos de Infantil visitamos o museo de Belas Artes de A Coruña, pero antes falaramos sobre qué sería iso de un "museo", e estas son algunhas das súas ideas:
Despois do percorrido polas salas convertimonos en pequenos Picassos decorando ao noso gusto o cadro que viramos nunha das salas.
Como vedes somos uns grandísimos artístas!!
Dende a saída, a viaxe no bus, o museo... encantounnos todo!! Pero claro, con tanta actividade algún chegou agotadiño, agotadiño....
E para que vexades que nós tamén temos un museo na nosa clase deixámosvos a imaxe da nosa primeira exposición!!
Premede sobre a imaxe para ver os detalles dos cadros, os nomes e a explicación do autor.
- Claudia: hay cosas interesantes: cuadros, estatuas...
- Unai: los cadros tienen un dibujo
- Carlos: estatuas como esa (sinalando ao Cristo Redentor, Brasil)
- Bruno: yo vi una pequeña
- Unai: hay suelo, sin suelo no andamos
- Diego: hay un poco de juegos
- Unai: una puerta
- Andrés: dinosaurios
- Bruno: pero de estatua
- Claudia: creo que hay una princesa estatua
Despois do percorrido polas salas convertimonos en pequenos Picassos decorando ao noso gusto o cadro que viramos nunha das salas.
Como vedes somos uns grandísimos artístas!!
Dende a saída, a viaxe no bus, o museo... encantounnos todo!! Pero claro, con tanta actividade algún chegou agotadiño, agotadiño....
E para que vexades que nós tamén temos un museo na nosa clase deixámosvos a imaxe da nosa primeira exposición!!
Premede sobre a imaxe para ver os detalles dos cadros, os nomes e a explicación do autor.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)