O pasado venres, 16 de maio, celebramos no cole o día das Letras Galegas.
O alumnado de 6º foi o encargado de achegarnos a vida e obra do autor homenaxeado este ano: Xosé María Díaz Castro.
Aproveitamos a ocasión para presentar os libros viaxeros que fixemos conxuntamente durante o 1º trimestre. Este é o de 1º ciclo de primaria e infantil. Podedes gozar co outro en Bibliocouceiro.
Quedaron moi chulos, non si??
A continuación tivo lugar a final do VI Certame de Poesía Couceiro Freijomil, no que os peques de Infantil participamos cunha poesía sobre as nosas mascotas.
E rematamos a festa bailando coa música tradicional de Los fenómenos!! Moitas grazas pola vosa participación!!!
FRASES CON FIRMA
Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!

Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de mayo de 2014
lunes, 20 de mayo de 2013
Celebramos o día das Letras Galegas
O xoves pasado, vispera do día das Letras Galegas, celebramos no cole esta festa .
Todos xuntos no salón de actos escoitamos como os maiores do cole explicábannos brevemente a vida e obra do autor homenaxeado este ano: Roberto Vidal Bolaño.
Despois comezou a final do V Certame de Poesía Couceiro Freijomil.
Os peques de infantil participamos con unha poesía conxunta que elaboramos entre todos pensando verbos que podíamos usar con cada letra.
Aquí a tedes:
"POESÍA"
Co P podemos pasear, patinar e patalear,
co O podemos observar, oír e ordenar,
co E podemos escribir, escoitar e escavar,
co S podemos saltar, sentir e salvar,
co I podemos ir de viaxe, imaxinar e inventar,
co A podemos agarimar,adiestrar e andar,
con só 6 letras cantas cousas podo facer!!
Os poetas gañadores de cada ciclo subiron ao escenario para poder ler as súas creacións e, con moitos nervios de artistas e público, anunciar o gañador e entragar os merecidos premios!!
Despois dos premios escoitamos, cantamos e bailamos unha marchosísima canción!!
A deixamos aquí para que a desfrutedes tamén na casa:
Xa imaxinades que despois de tanta festa estabamos cansiños, cansiños... pero aínda tivemos marcha para rematar a festa con "Os fenómenos"!!!
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración na festa, especialmente aos compoñentes do grupo que cada ano aníman o fin de festa!!

miércoles, 23 de mayo de 2012
Coñecemos os traxes e instrumentos galegos
No cole non paramos de festexar o días das Letras Galegas, e esta semana visitáronnos algúns dos integrantes do grupo Los Fenómenos e papás e mamás dalgúns dos alumnos de infantil.
Con eles aprendimos os diferentes traxes galegos e as súas partes, e tamén as características dos instrumentos máis característicos do noso folklore.
E como fin de festa, un pouco de movemento a galega!!
O que nos gusta un bo baile ao son das gaitas!!
Moitas grazas papás e mamás pola vosa colaboración e entrega nas explicacións!!

domingo, 20 de mayo de 2012
Letras Galegas 2012
O pasado venres no cole tivemos festa, festa e máis festa!!
Aproveitamos o día para celebrar as Letras Galegas e coñecer un pouco máis ao persoeiro homenaxeado este ano: Valentín Paz Andrade.
Os peques do cole fomos os encargados da decoración, e mirade que chulada de caricatura fixemos!!
Despois da presentación sobre a vida e obra do autor, realizada polos alumnos de 6º, celebramos a final do IV Concurso de Poesía Couceiro Freijomil.
Os pequechos de Infantil participamos cunha poesía colectiva chamada "Pontedeume".
Como o fixemos moi ben recibimos un premio colectivo: uns contos para as bibliotecas das aulas!!
Despois os finalistas de cada ciclo subiron ao escenario para ler as súas poesías e, con moita tensión, descobrimos ao gañador ou gañadora de cada categoria.
Parabéns a todos os participantes do concurso, en especial para os gañadores!!
Despois dun descansiño para merendar e xogar no patio, voltamos ao salón para alucinar coa maxia do Mago Fiz!!
Sacou bolas pola boca, fixo voar cartas, xogou con cordas que cambiaban de tamaño e cortábanse e uníanse soas, toleou aos nosos compis Brais e Carolina con panos que cambiaban de cor, e ata descubriu o segredo máis oculto do noso conserxe Diego... Non o contaremos aquí para respetar a súa intimidade, pero preguntarlle aos peques porque foi un momento de moitas risas!!
E cando pensabamos que a festa xa rematara subimos ao patio superior do cole para desfrutar da música coa que animáronnos o grupo Los Fenómenos!!! Baile, risas e xogos para despedir a festa das Letras Galegas ata o ano que ven.

martes, 24 de mayo de 2011
Os traxes tradicionais galegos
Hoxe a agrupación Orballo achegouse ao noso cole para nós ensinar os traxes tradicionais galegos, tanto o de cotío como o de festa, e todas as súas partes.
Para ver o ben guapos e guapos que ían os galegos fai un tempo tivemos uns modelos de alta pasarela!!
miércoles, 18 de mayo de 2011
Homenaxeamos a Lois Pereiro
O pasado xoves e hoxe estivemos a celebrar no noso cole o día das Letras Galegas, que este ano estivo adicado a Lois Pereiro.

Moitas grazas a todos por axudarnos a facer tan completa esta festa!!
O primeiro que fixemos foi decorar o escenario para que lucira as mellores galas para esta ocasión. Cada quen, cada clase no caso dos peques, elexiu a súa palabra favorita en galego e con ela adornamos o fondo.
As foquiñas decidimos, tras unha reñida votación, que a nosa é : arco da vella.
Tamén os nenos e nenas de Infantil colaboramos na celebración realizando un colorido mural a partires dunha caricatura de Lois.
Na primeira parte desta celebración acompañounos o grupo Iria Dona, co que desfrutamos do cante e baile de distintas cantigas populares galegas.
O pasamos todos moi ben, e para mostra...

Hoxe os encargados da segunda parte da celebración fomos os propios alumnos do Couceiro.
Os nenos de 5º fixeron unha pequena presentación sobre o homenaxeado, os de 1º ciclo cantaronnos unha coñecida cantiga que logo desfrutala todos xuntos no Galeoke, os rapaces de 5º interpretaron instrumentalmente varias cantigas galegas, cantamos todos "Ven bailar Carmiña", e para rematar o acto ao grande uns pequenos artistas, Carolina de 5ºcoa pandeireta, Iago de 5º co bombo, Iván de 6º coa caixa e Pablo de 4º coa gaita demostraron as súas dotes musicais!!
Moitas grazas a todos por axudarnos a facer tan completa esta festa!!
miércoles, 16 de junio de 2010
Completamos o álbum das Letras Galegas
Tras varios días percorrendo os corredores buscando as caricaturas dos autores homenaxeados nas Letras Galegas os nenos de infantil completamos por fin o noso gran álbum!!
Así que as profes deronnos o noso premio por fin!!
Un puzle novo de madeira, un xogo e unhas chuches!!!
Este ano o día das Letras Galegas trouxo moito movemento polo cole pero valeu a pena, verdade??

jueves, 27 de mayo de 2010
Celebración do Dia das Letras Galegas
No noso cole levamos uns días coa celebración do Día das Letras Galegas.
Durante uns días todos os nenos do cole fomos lendo no momento da entrada distintas poesías do escritor homenaxeado neste ano, Uxío Novoneira.
Os nenos de infantil tamén tivemos o noso momento e recitamos a poesía Devesa.
O pasado xoves tamén recibimos no cole con moita ledicia a un grupo de folclore galego que encantou a grandes e pequenos con varias cancións tradicionais, como a Saia de Carolina ou Levantate maio.

Pero todavía non terminamos con todas as actividades, porque todos os nenos e nenas do cole estamos moi atarefados buscando e intercambiando cromos para completar o albúm de todos os autores homenaxeados ao longo dos anos no día das Letras Galegas.
Aos nenos de infantil faltanos xa moi poucos cromos para completalo e conseguir o noso agasaio!! Mantendrémosvos informados...

martes, 12 de mayo de 2009
As Letras Galegas
A partires desta semana e durante uns días imos traballar no cole no tema das Letras Galegas, este ano adicadas ao escritor Ramón Piñeiro.
Os nenos de Infantil, que xa queriamos estar preparados, comezamos a pasada semana a realizar un gran mural sobre unha caricatura do autor.
Non era un traballo sinxelo e adicamos toda a semana a facelo entre todos en distintos momentos.

Como vedes usamos diferentes técnicas para facelo: estampación con esponxas, collage de distintos trociños de teas para o traxe, pinceis para a cara, lá para o pelo, plasti para as gafas... O resultado é alucinante, seguramente porque o fixemos todos xuntos e con moita ilusión!!!! (podedes admiralo xunto a porta do ximnasio)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)