FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta rutinas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rutinas. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de octubre de 2009

As normas das foquiñas

Durante o mes que levamos de clase xa decatámonos da importancia de ter unhas normas na clase para poder estar todos moitos mellor; porque aínda que antes xa existían, non eran "oficiais".
Así que puxémonos mans a obra e entre todos concretamos as normas das Foquiñas!


Logo colocamos as fotos e os carteis das normas nun mural que temos colocado na entrada da aula para non esquencelas!!

lunes, 26 de enero de 2009

Nova sección nas rutinas

Como xa vos comentara a principio de curso según vaia pasando o tempo iremos aprendendo a facer novas cousas, e agora tocoulle o turno as rutinas. 
Ademáis de todas a cousas que ten que facer o encargado o xoves engadimos unha nova: poñer o seu nome na pizarra magnética. Os primeiros foron Silvia (o xoves) e Álvaro (hoxe) que o fixeron moi ben, fixándose en todas as letras e buscandoas na caixa.


Os demáis aproveitamos para ir recoñecendo algunhas letras ou simplemente xogar con este novo material. A ver como o imos facendo...

sábado, 11 de octubre de 2008

As rutinas

Pouco a pouco todos imos facendonos ao cole e para iso e importante fixar unhas rutinas. Desta forma imos sabendo o que vai pasar en cada momento e intetamos evitar cousas como "y ahora que vamos a hacer?? y después?? y cuando vienen las mamás??".
Unha das primeiras cousas que sabemos é que o chegar ao cole temos que poñer o mandi e loitar durante un bo rato para colocar as mangas, poñelo, e abotonalo!!! Aproveito para recordarvos que é moi necesario colocarlle unha cinta a todas as prendas que vaian a colgarse nos percheiros, para que non pasen cousas coma estas...
Cando xa estamos todos listos sentamonos no "círculo" e, de momento entre todos, miramos quen está no cole e quen quedou na casa pegando a súa foto,a data, o día que fai... No círculo hai que estar moi atentos e ben sentados para non molestar os demáis, e tamén descobrimos que non se pode falar todos a vez nin gritar porque así non entendemos nada!!

Logo facemos algún traballiño e despois xa imos a lavar as mans para poder ir a merendar!! Para poder merendar ben fixemos uns manteliños moi particulares, xa que cada un escolleu o folio da cor que máis gustoulle e o decorou con moito arte. No momento da merenda temos que acordarnos de facer un montón de cousas: lavar as mans, coller a mochila, o manteliño, colocar a merenda encima do manteliño e colocar a bolsa na silla para que a profe vaia axundando a abrir, a pelar... E todo isto con música clásica de fondo!!!