Por falta de tempo antes das festas, non puidemos contar com a profe Cris e nós rematamos o noso traballo de investigación sobre o Universo.
A derradeira actividade que fixemos foi unha recollida de ideas sobre todo o que aprendimos sobre o tema, na que cada quen foi aportando o que lembraba e a profe Cris o recopilou todiño. Logo propúxonos facer un libro para poder velo cando quixeramos e non esquencernos de todo o que descobrimos nas nosas pesquisas.
E como nós somos moi dispostos, puxémonos mans a obra, cada quen encargouse dunha páxina e este é o fantástico resultado!!
Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración no proxecto!!
Que tocará investigar agora??
FRASES CON FIRMA
Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!

Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta universo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta universo. Mostrar todas las entradas
lunes, 21 de enero de 2013
miércoles, 19 de diciembre de 2012
Os Van Gogh das Xirafiñas
Como verdadeiros artistas estamos rematando o noso proxecto do Universo porque a profe Cris presentounos un cadro moi chulo, aínda que un pouco raro, dun pintor que se chamaba Van Gogh.
Despois de falar sobre o que nos parecía o cadro, que había debuxado nel, que cores empregaba... falamos un pouquiño sobre o autor do cadro, e ata aprendimos o nome dunha árbore: o ciprés!!
Pero como aprendemos de verdade é experimentando, así que metímonos na pel do pintor e convertémonos en Van Gogs para crear a nosa propia artistada!!
O pasamos moi ben pintando coas ceras brandas (que son moi rápidas) e rematándoo con acuarelas.
As acuarelas tamén sorprenderon moito porque a profe Ana fixo un "experimento" reciclando os rotus que xa non pintan ben, e quedou estupendo!!

viernes, 7 de diciembre de 2012
Investigamos con nomes propios
Seguimos a aprender sobre o Universo coa profe Cris, porque as nosas ganas de aprender non acaban nunca!!
Fai uns días investigamos sobre varios nomes propios que seguro que soaron nas vosas casas durante moito tempo: Galileo, Laika, Neil Armstrong...
A través destas imaxes podedes facervos unha idea do moito que traballan estas xirafiñas...
Verdade que sabemos moitas cousiñas xa?
Non olvidedes que podedes aproveitar algún dos recursos que usamos na aula no blog de recursos: Cousas dos nosos profes

sábado, 24 de noviembre de 2012
Xa somos uns pequenos grandes astrónomos!!
Como levamos un tempo investigando sobre o Universo coa profe Cris, xa somos uns grandes astrónomos!!
Agora tocoulle o turno aos planetas e non hai ninguén que saiba máis sobre eles!!!
Fixemos un estudio moi completo sobre eles: libros, xogos na pizarra dixital, programas cos que viaxamos polo espazo, cancións... E rematamos o estudio sobre eles cun mural conxunto, que quedou así de chulo!
E ademáis seguimos aprendendo a traballar en equipo para facelo!
Pero dos planetas non só sabemos os seus nomes, ou a súa posición no sistema solar, tamén coñecemos datos moi curiosos sobre eles!!
Preguntádelles aos peques!!!

miércoles, 14 de noviembre de 2012
O noso Universo!!
Fai uns días dicíamos que o proxecto despegaba, e de que maneira!!
Esta semana temos novas incorporacións ao noso recuncho de investigar...
Antón e a súa familia prepararon este xogo dos planetas tan fantástico, que xa conta cun lugar privilexiado na nosa clase, co que aprenderemos os planetas, as diferencias de tamaños, de cores, de orde... E Diego e o seu papá atoparon esta imaxe tan chula do noso sistema solar coa que tamén imos aprender un montón!!
Moitas grazas familias!!!
Se queredes seguir xogando, cantando e aprendendo imos recollendo todos os nosos recurso de aula no blog "Cousas dos nosos profes".

martes, 6 de noviembre de 2012
O noso proxecto despega!!!
Entre tanta festa parece imposible, pero ás xirafiñas danos tempo a todo e o noso proxecto de investigación sobre o universo xa despega!!
Pouco a pouco o noso recuncho de invesgar vai enchéndose e imos despexando algunhas dubidas.
Xa sabemos porque vemos a Lúa con diferentes formas e ata fixemos un experimento coa profe Cris para que non quedara ningunha dúbida.
Tamén temos visto videos sobre o tema, fotos dos planetas, estrelas, sol...
Xa vedes que isto marcha!!

miércoles, 3 de octubre de 2012
Novo curso, novo proxecto!!
Dí o refrán que a curiosidade matou ao gato, pero no noso caso non será así!!
As xirafas somos moi faladoras e no medio de tanta charlas as veces xurden dúbidas que queremos despexar.
Neste caso a conversa levounos polo día, a noite, as estrelas, o sol, os planetas...
Estas son algunhas das ideas que temos sobre o tema:
Por favor, non lles expliquedes moito na casa para que podamos descobrilo xuntos no cole.

- Claudia: cuando hace sol y es de noche se va el sol y cuando es de noche las estrellas no aparecen. Los días de nubes salen las estrellas.
- Andrés: cuando es de día desaparecen las estrellas
- Profe: a donde van?
- Andrés: van al espacio
- Carlos: cuando es de día las estrellas se van a otro país
- Bruno: cuando se hace de noche salen las estrellas
- Unai: cuando es de día las estrellas se van a su casa
- Profe: Cual es su casa?
- Inés: no tienen casa. Ellas se esconden en las nubes cuando es de día.
- Profe: y si no hay nubes?
- Diego: la casa es todo el espacio
- Unai: en el espacio se pueden ver estrellas y la Tierra
- Claudia: las estrellas queman
- Unai: como van a quemar!?!?
- Claudia: las estrellas son el sol, se hacen pequeñas
- Bruno: cuando llueve sale el arco iris
- Andrés: hay estrellas fugaces en el espacio
- Bryan: pegadas?
- Carlos: cuando es de día las estrellas se están quemando con el sol, y luego se van a jugar al escondite en el espacio.
- Candela: las estrellas hacen dibujos
- Varios: pero si no tienen manos!!!
- Diego: sólo tienen brazos
- Antón: las estrellas se van a esconder a otro país cuando se hacen de noche
- Inés: van al espacio y juegan con los planetas.
E estas as preguntas que nos facemos:
- Hai marcianos nos planetas?
- Hai extraterrestres na Lúa?
- Cales son os planetas? Como son?
- Como se usa o telescopio? Para qué?
- Os marcianos comen estrelas?
- Como se fai de día-noite?
- A onde vai o Sol de noite? E a Lúa de día?
Os sitios onde podemos atopar a información:
- Unai: ordenador
- Claudia: móbil
- Candela: televisión
- Unai: cámara
- Claudia: periódico
- Candela: revista, libros, contos
- Varios: biblioteca
É moi curioso o que tardamos en pensar nos libros ou contos como fonte de información!!! Dende logo estas xirafiñas pertencen a xeración dixital!!!
Para axudarnos na nosa investigación pedimos a vosa colaboración aportando información sobre o tema, que xa vedes que é moi amplo, tan amplo como o Universo...
Calquera tipo de material axúdanos: libros, contos, pelis, obxectos...
Por favor, non lles expliquedes moito na casa para que podamos descobrilo xuntos no cole.
viernes, 19 de junio de 2009
Somos uns artistas!!!
viernes, 12 de junio de 2009
Imos de viaxe espacial!!!
Fai uns días, despois de converternos todos en auténticos astronautas, fumos de viaxe espacial. Traxe, botas, casco, tubo para respirar, cintos... levounos un anaquiño vestirnos en meternos na nosa nave pero ao final viaxamos polo espazo e percorremos os planetas grazas ao programa Celestia.
Pero como a "nave" non terminaba de gustarnos decidimos facer unha moito máis auténtica. Aqui tedes o proceso e o resultado.
Pero como a "nave" non terminaba de gustarnos decidimos facer unha moito máis auténtica. Aqui tedes o proceso e o resultado.
lunes, 6 de abril de 2009
O noso Sistema Solar
Nestes últimos días estivemos preparando entre todos o noso propio Sistema Solar. Para facelo algúns nenos pintamos os planetas mirando polos libros do recuncho de investigación do Universo, outros repasamos os nomes dos planetas e todos fixemos unhas estrelas moi chulas!!
O pasamos moi ben mirando como tiñamos que pintar cada un dos planetas e logo axundando a profe a colocalos pola orde correcta.
O pasamos moi ben mirando como tiñamos que pintar cada un dos planetas e logo axundando a profe a colocalos pola orde correcta.
lunes, 30 de marzo de 2009
Visita á Casa das Ciencias
O pasado venres os peques do cole collemos un "altobus" para ir a Coruña a visitar a Casa das Ciencias e o Planetario.
Non fai falla dicir que o pasamos moi moi ben!! No Planetario ensinaronnos novas constelacións (Orión), a estrela Polar que é a única que non se move no ceo, a Saturno... gustounnos moito que fora de noite de súpeto e logo outra vez de día.
No resto da Casa puidemos ver, tocar, oler un montón de módulos moi guais, algúns os entendiamos e outros non pero desfrutamos moito con todos.

Tamén aproveitamos para merendar de "picnic" e non coma sempre nas nosas mesas, e xogar un pouco ao redor da Casa.
Podedes ver todas as fotos no album Casa das Ciencias.

miércoles, 18 de marzo de 2009
3, 2, 1... Despegamos!!!
Xa levamos unhas semanas recopilando información e acondicionando o noso recuncho do universo para ir colocando alí todo o relacionado co tema.
O primeiro que fixemos foi preparar as letras para poñer "O UNIVERSO" no recuncho. As fixemos entre todos pegando papeliños de cores e quedou un resultado moi vistoso!!

Tamén falamos sobre as cousas que xa sabiamos do universo, e as cousas que queremos aprender, e de como o imos facer. O remate do proxecto decatarémonos de si estabamos equivocados ou non!!

Unha das conclusións as que chegamos era que podiamos aprender moito mirando libros e contos, así que nunha das nosas visitas a biblio do cole buscamos libros relacionados co tema que tamén incorporamos ao noso recuncho.

A verdade é que estamos moi contentos co noso proxecto de investigación e encáantanos mirar os libros e contos, xogar coa plasti a facer galaxias e planetas (saturno) e cantar a canción dos planetas!!!
O venres aproveitamos para ir o ximnasio e xogar a "Os planetas". Victoria era o Sol e os demáis eramos os diferentes planetas que xiran ao redor del. O pasamos moi ben, aínda que as órbitas remataron algo "liadas"!!!!

lunes, 2 de marzo de 2009
Descobrimos as estrelas
Hoxe ao chegar o cole enterámonos de que tiñamos preparada unha sorpresa, visitábanos un planetario!!! Falamos un pouco sobre o tema e a verdade é que sorprendeume que a maioria coñecía o que era un planetario e tiñan máis ou menos claro que nel podiamos ver o espacio, as estrelas, o Sol, nubes...

Aproveitando a ocasión, e sendo este ano o ano da Astroloxia, pedimos a vosa colaboración de novo, neste caso aportando materiais (contos, pelis, xogos información da rede...) para investigar sobre o Universo. A ver se somos capaces de facer un pequeno proxectiño de investigación sobre o tema!!! Xa sabedes, todo vale, de todo aprendemos!!!
Ah!! Xa temos listas as fotos da Casa do Queixo!!!
Xa no planetario puidemos ver estrelas e como formaban as figuras dalgúns animais, un león, unha osa, un escorpión... O pasamos moi ben pero o máis divertido foi "cazar" estrelas e gardalas nos nosos petos. Seguro que aínda temos algunha!!!
Aproveitando a ocasión, e sendo este ano o ano da Astroloxia, pedimos a vosa colaboración de novo, neste caso aportando materiais (contos, pelis, xogos información da rede...) para investigar sobre o Universo. A ver se somos capaces de facer un pequeno proxectiño de investigación sobre o tema!!! Xa sabedes, todo vale, de todo aprendemos!!!
Ah!! Xa temos listas as fotos da Casa do Queixo!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)