FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de octubre de 2013

As sorpresas do outono

O outono é un tempo de cambios, cambia o tempo, cambia a paisaxe... e ata cambian as Xirafiñas!!

Recordades que ao pouco tempo de entrar no cole a profe mediu a estes pequechos?? Pois era tempo de volvelo a facer e así comprobar o moito que teñen crecido.

Tivemos varias sorpresas, os máis baixiños da clase xa non o son, parellas en altura quedaron desparelladas, fixeronse parellas novas...

Pero esta non foi a única sorpresa que trouxo este outono... esta sorpresa estaba moi pretiño de nós, pero algo agochada. Un cogomelo na alcantarilla do patio!! Aproveitamos para observalo, aprender os nomes das súas partes, descubrir que pouco espazo necesitan para medrar...

E para rematar as sorpresas o noso compi Unai acordouse de nós durante un paseo polas fragas e trouxo estas castañas para a exposición sobre o outono.
Xa que nós non podemos ir á fraga... a fraga ven a nós!!

martes, 6 de noviembre de 2012

O outono chega a nosa clase

Pouco a pouco o Outono foi chegando e para recibilo como se merece nós preparamos a nosa clase!!

       

Descobrimos os froitos típicos da estación: setas, noces, abelás, castañas, follas, landras...

Con eles facemos moitas actividades: construímos números, escribimos, facemos series...

viernes, 5 de octubre de 2012

Castañas das nosas Fragas

Que xenial a nosa excursión de hoxe!!!
Un día fantástico, cun tempo fantástico e unha compañía fantástica!!


A metade da mañana subimos ao bus camiño ás Fragas do Eume para desfrutar dun ratiño en plena natureza .
Ao chegar tiñamos unhas mesiñas preparadas no Andarubel, listas para poder facer unha parva de luxo, grazas a mamá de Sabela.

Logo, coas pilas xa cargadas, baixamos a ver os castiñeiros preto do rio e a recoller unhas cantas castañas.
Observamos como son as follas dos castiñerios, os ourizos, como se agochan as castañas dentro...
Estivemos ocupados un bo rato, porque as xirafiñas somos moi traballadoras, e todo o que atopábamos era un gran tesouro: castañas, follas, ourizos, piñas, bechos...

Non tedes máis que ver as fotos para descobrir o ben que o pasamos, aínda que para moitos o mellor de todo foi a viaxe no bus!!


FragasCastañas12 - foto montaje

Que vos pareceu?

viernes, 25 de noviembre de 2011

Os froitos de Outono

As xirafas xa levamos moitos días traballando sobre o outono, e hoxe "investigamos" algúns dos froitos máis típicos da estación: améndoas, mazás, noces, abelás, mandarinas...
As estivemos observando, tocando, escoitando (si, si, escoitando) e descobrimos que algúns desos froitos eran duros e outros brandos, uns grandes e outros máis pequenos...

lunes, 24 de octubre de 2011

Benvido Outono!!

Parecía que non ía a chegar pero por fin o Outono apareceu, e as Xirafas decídimos vestir a nosa clase de gala para a ocasión.
Como sempre traballamos xuntos para que o resultado fora tan chulo como este:


E tamén seguimos decorando para a festa do Samaín. Así que o venres fixemos máxia, si si máxia!
Queríamos decorar unhas cabazas pero a profe non tiña cor laranxa, e nós tiñamos moi claro que as queríamos desa cor.
Pero atopamos pintura vermella e amarela, así que a profe ensinounos unha palabras máxicas e todos xuntos fixemos o truco e convertemos a pintura en laranxa!!
Logo pintamos as cabazas con pinceis, un traballo de maiores!!

lunes, 29 de noviembre de 2010

O outono no corredor

Aínda que para os que vides polo cole a míudo non é noticia, queremos compartir con todos o noso adorno outonal do corredor.
É un ourizo moi simpático que durante esta estación estivo decorando o noso teito. É chulo, verdade?

miércoles, 20 de octubre de 2010

1ª saída do curso: imos ver o millo.

Hoxe os nenos de 4 e 5 anos fixemos unha saída para investigar máis sobre un froito de outono que xa viramos no cole: o millo.
Para iso tivemos a colaboración da familia da Gaivota Sabela que invitounos a súa casa para que puideramos ver de primeira man como é o proceso.
Primeiro fumos a ver as prantas do millo e puidemos coller unhas cantas espigas. A actividade gustou tanto que moitos nenos e nenas repetiron a experiencia unha e outra vez.
Pero aínda non podiamos ver os grans do millo así que tivemos que esfollar ata atopar os grans.
A profe Dámaris e o bisavó de Sabela explicáronnos que para poder usar os grans do millo había que secalos, meténdoos no horreo e cando están secos debullalos. Antes facíase a man pero agora hai unha máquina que o fai por nós e axuda moito no traballo.
Cando xa temos os grans podemos facer fariña con eles, para iso usamos o muíño.
Tamén contáronnos que do millo aproveitábase todo, todo e todo! As follas servían para facer xergóns ou para botar nas cortes dos animais e logo facer estercol.
Cos grans tamén podemos alimentar aos animais, o coello, galos e galiñas que tamén vimos. E co carozo que queda tras debullar podese encender o lume.

E despois de tanto coñecemento que pensades que fixemos??? Papar, como en todas as festas!! Papamos flocos de millo que encántannos!!!

Pero non só vimos millo nesta excursión, tamén kiwis, cabazas, pinos e piñas, castiñeiros con ourizos e castañas, carballos con landras...

Xa vedes que foi moi completa, pero agora deberes para a casa: que alimentos están feitos co millo ou fariña de millo? (podedes traer imaxes das revistas do súper)



Moitísimas grazas a familia de Sabela pola súa amabilidade e paciencia!!

lunes, 18 de octubre de 2010

Degustamos froitos de Outono

Vendo a cantidade de froitos de outono que conseguimos recoller na nosa exposición, e tendo en conta que algúns deles podíanse estropear durante o fin de semana o venres decidimos facer unha pequena degustación.
As foquiñas, algunhas con máis ganas que outras, probamos "orellóns", noces, améndoas, castañas, granada e uvas.
Algúns nenos e nenas descobriron froitos novos que gostaron un montón!!
Verdade?


jueves, 14 de octubre de 2010

1 castiñeiro, 2 castiñeiros... bosque de castiñeiros!!

Victoria trouxo ao cole un contiño relacionado cos froitos de Outono: "El castaño".
Nesta historia un esquío un pouco despistado esconde unha castaña para ter comida para o inverno, pero cando o vai buscar... sabedes que atopa?? Pois si, que un pequeno castiñeiro estaba medrando ca castaña que enterrara.
Nós quixemos probar a experiencia do esquío e aproveitando que tiñamos un montón de castañas na exposición as prantamos nuns vasiños.
Agora luz, auga e paciencia, a esperar!!


lunes, 11 de octubre de 2010

Froitos de Outono

Grazas a colaboración de todas as familias dos nenos e nenas de Infantil a nosa exposición de Froitos de Outono xa está en marcha: avelás, améndoas, castañas, cabazas, espigas de millo, noces...



Pouco a pouco a iremos completando, e con tantas cousas ata poderemos facer unha degustación!!!

martes, 1 de diciembre de 2009

Outono no Couceiro

Xa levamos moito tempo traballando o outono e aínda non contaramos nada sobre o noso traballo, así que este é o momento!
O primero que notamos foi que pouco a pouco a decoración do noso corredor foi cambiado e encheuse de follas, mazás, millo, cabazas, setas, castañas... un montón de froitos da estación que xa fumos coñecendo.



Tamén durante estes días aprendemos poesías, adiviñas e refráns sobre o outono, moitos grazas ao libro viaxeiro que vai polas nosas casas.
E onte como colofón a tanto estudo sobre a estación fixemos unha ficha de moito traballo e de mancharse moito que é o que máis nos gusta!! Primeiro tiñamos que colorear as letras de OUTONO e as follas facendo unha serie de 3 colores!! E sen equivocarnos!!!
Como o fixemos moi ben logo tocou pringarse para facer unha árbore con moitas folliñas caendo. Decidimos que as follas serían amarelas, vermellas e laranxas, e como a profe non tiña laranxa tivemos que facer máxia para conseguilo!! Vós sabedes como??
Para pintar o tronco e as ramas usamos o pincel e para as follas bastonciños de limpar os oídos.


lunes, 26 de octubre de 2009

Os froitos do outono

Xa hai uns días estivemos observando na clase un froito do outono ben coñecido: a castaña.
Nesta ocasión Silvia trouxo outro sobre o que tivemos moitas dúbidas de que tratábase... será un plátano "pocho"??


Despois de mirar e tocar aquilo que trouxera Silvia algúns nenos xa se decataran de que era unha estiga de millo!! Pero onde está o millo?? Moitos coñecían o millo e aquilo non se parecía nada aos grans amarelos que lembraban...
Outros nenos e nenas tiñan a solución: tiñamos que sacarlle esas follas!! Silvia foi a encargada de facelo, e moi ben, explicándonos todos os pasiños para fecelo ben. E o que alí apareceu xa era máis coñecido!!!

Aproveitamos para buscar información en internet sobre o millo e vimos moitas fotos e a profe leu o que alí poñía, e resulta que o millo úsase para un montón de cousas: sopas, ensaladas, fariña... Como o usades na casa??