FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta fin de curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fin de curso. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de junio de 2014

E remata a función...

Pois sí, parecía que ío final do ciclo de Educación Infantil estaba moi lonxe pero Xirafiñas e Tartarugas xa están graduadas e pasarán o próximo a Educación Primaria.

O derradeiro día de cole foi un día de moitas emocións, alguna un chea de lagrimiñas, e de despedidas.

Para que poidades revivilo....








E para despedirnos de novo, e cun sorriso, que mellor que lembrar o noso paso por esta etapa???




Foi un placer compartir con vos estes anos tan fantásticos, de risas, de choros, de traballo, de enfados (poucos), de ledicia, de emocións...

Moitas grazas a tod@s, aquí estamos para o que necesitedes!

Moitas biquiños e ata sempre.

A profe Ana.

miércoles, 18 de junio de 2014

Remata o curso 2013/14...

Este curso remata xa... e para que vexades o moito que traballamos, divertímonos, xogamos, aprendemos...






Feliz verán!!!

lunes, 16 de junio de 2014

As Xirafiñas presentan: "La ratita presumida"

Durante este curso os nenos e nenas de atención educativa tamén traballaron moito, e para finalizar as actividades prepararon para os compis de infantil unha obra con títeres: "La ratita presumida".

Como vedes tiveron moito que facer: os títeres, o guión, o teatrillo...



O fixeron fenomenal, verdade??

domingo, 15 de junio de 2014

Un día en Belelle!!!!

E chegou o día da excursión!!

Que contentos estábamos todos e deseando montar no bus rumbo a Belelle!!


Alí, dividíronnos en varios grupiños para poder facer ben todos os talleres que para nós tiñan preparados.

As Xirafiñas formamos parte do grupo dos cabalos e as ovellas e xuntos montamos en poni, o cepillamos e coidamos; observamos e alimentamos as cabriñas, burros, ponis...; tamén descobrimos moitas aves de granxa diferentes e averiguamos como eran os seus ovos; prantamos sementes e fixemos un boliño de pan que de seguro estaba riquísimo!!!



Un día estupendo e moi agotador, non sí??

viernes, 21 de junio de 2013

A tómbola do Couceiro!!

Xa estamos inmersos na festa e no espíritu de fin de curso e por iso onte, despois do recreo desfrutamos dun super circuito que a profe Geni preparou para nós coa axuda dos maiores do cole, os alumnos de 6º.

Que grande era!! E tiñamos que percorrelo moi ben 3 veces para conseguir os 3 cuños e así poder coller o papaliño para participar no sorteo da tómbola!!


Non fai falla dicirvos o ben que o fixemos.... Aquí estamos do máis orguiosos cos nosos agasaios!!

jueves, 20 de junio de 2013

Remata o curso 2012/13...

Outro curso que remata...

Moitas risas, e alguha que outra bágoa, traballos, festas, saídas... un montón de experiencias que recollemos neste pequeno video resumo do curso 2012/13.

Esperamos que vos guste!!



O ano que ven máis, pero non mellor, porque é imposible!!

viernes, 22 de junio de 2012

jueves, 23 de junio de 2011

3 anos de lembranzas

Tres anos, tres cursos, moitos momentos de ledicia, de angustias, de enfandos, de traballo, de investigación, de xogo, de risas... Moitos intres que todas as Foquiñas gardaremos para nós, que agora tamén trataremos de compartir con vós.





E aquí tedes as miñas Foquiñas graduadas!!


Ata sempre Foquiñas!!