FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta entroido. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de marzo de 2014

Adeus Entroido, adeus!!!

O pasado xoves o Couceiro choraba na despedida deste Entroido tan divertido.

Pero co guapísimos que estabamos todos a pena pasa mellor!!! Verdade??





Ata o próximo ano!!

domingo, 2 de marzo de 2014

Benvidos ao Couceiro Circus!!!

Señores e señores, damas e cabaleiros, benvidos ao maior espectáculo do mundo: o Couceiro Circus!!!

Así de guapísimos chegaron as feras deste circo o venres:



Pero non só de feras vive o circo así marabíllense co resto do espectáculo!!

E para que poidades gozar, ou volver a gozar deste fantástico día:



Moitísimas grazas a todas as familias pola vosa colaboración neste gran espectáculo!!

Recordade que se tedes algunha foto que queirades compartir connosco podedes mandala ao correo electrónico.

sábado, 1 de marzo de 2014

Mi madriña Manolo, con este look como molo!!!

O xoves o noso cole parecía a praia de Cabanas en pleno verán!!

Pero que guapos e guapas todos seguindo os mandadiños do esqueleto Manolo!!

E con esas ganas de festa chegamos a merendola de productos típicos do Entroido e terminamos con baile, como nos vai a marcha!!!




Moitas grazas as familias pola cosa colaboración na festa!!

miércoles, 26 de febrero de 2014

Derradeiro mandadiño do esqueleto Manolo!!

Ai Manoliño, Manoliño... Que guapos e simpáticos fasnos vir todos os anos!!!

E para rematar... "O xoves Lourenzo chegará, e con gafas de sol te verá. Mi madriña Manolo, con este look como molo!!"

martes, 25 de febrero de 2014

Últimos detalles para o Entroido

Xa case chega o día da festa, e para completar o noso disfrace deixámosvos algunhas ideas para a maquillaxe da cara.
Son só ideas, cada quen pode facelo como máis lle guste.




Decatádevos de que levaremos unha diadema que cubre a fronte, polo que non ten que vir maquillada.

Para que poidamos suxeitar ben a diadema, que traian un par de pinzas ou prendedores do pelo a maiores.

Moitas grazas!! Feliz Entroido!!

3º Mandadiño...

O tempo resístese a escoitar os mandadiños de Manolo pero nós vimos hoxe ao cole a mar de guapos e guapas!!!



E o 3º mandadiño di: "O mércores o sol xa está a quentar, trae un gorro para non te queimar"


lunes, 24 de febrero de 2014

E para o martes...

Que guapos hoxe todos coas nosas camisetas de verán!!!
Xa parece que cheira a praia...

O mandadiño para mañá di: "Aínda que teñas as pernas peludas, o martes virás en bermudas"



viernes, 21 de febrero de 2014

Comeza o Entroido!!!

Hoxe comezamos a troula do Entroido, porque o Esqueleto Manolo xa preside a entrada do noso cole co seu primeiro Mandadiño!!!

Di así:  "Ao bo tempo chamaremos, se desta guisa aparecemos: o luns vestirás unha camiseta de verán, sexa túa o do teu curmán".



Animámos a todos a seguir os mandadiños de Manolo!!!

Como a camiseta virá sobre a roupa non fai falla que traiades mandis. Que empece a festa!!!

viernes, 15 de febrero de 2013

Remata o Entroido

Que peniña temos... o Entroido remata...

Para alegrar un pouco o día os peques do cole viñemos disfrazados da casa coas nosas mellores galas, e a pena foi unha pouca menos porque xogar nas motos cun guardia civil ou ao baloncesto con Blancanieves non é cousa seria.

E rematando xa o día subimos ao patio dos maiores para todos xuntos queimar o Entroido e despedilo cantando o "Xa morreu" ata o ano que ven.


Queima Entroido 13 - presentacion imagenes

Esperaremos o próximo Entroido con moitas ganas!!

viernes, 8 de febrero de 2013

Aquí estamos todos os apicultores!!

E por fín chegou o día!!
Que guapos todos os apicultores e apicultoras! Menos mal que estes pequechos estaban moi ben preparados contra os picotazos das abelliñas, porque no cole tamén había unhas cantas...

E tamén tivemos moita sorte co tempo que deixounos sair polo pobo a lucir os nosos traxes ata a praza Real, e alí ensinar as nosas cantigas de Entroido. E ata voltamos con solete!!!

Que máis podemos pedir?? Pois terminar a festa cunha merendola, rica, rica, rica...e un pouco de xogo no patio dos maiores.


De novo, moitas grazas a todos pola vosa axuda e colaboración neste Entroido, e un agradecemento especial para as mamás que acompañáronnos disfrazadas!! O ano que ven animádevos tod@s!!

A festa dos Mandadiños!!!

Cantos pallasos polo cole!!
Onte o pasamos xenial, seguindo todos os mandadiños do noso esqueleto preferido.

Estabamos todos moi, moi guapos e guapas coas gravatas, as medias, a cara pintada e a cachola ben adornada.

E para empezar xa coa festa puxémonos coma "pepes" coas lambonadas de entroido que trouxechedes ao cole, e despois un pouco de xogo no patio e baile!!


Moitas grazas a todos pola vosa colaboración, e por facer entre todos que a festa fora un éxito!!

miércoles, 6 de febrero de 2013

O derradeiro mandadiño de Manolo

E para completar o disfraz: "E para ser o paiaso que máis mola, o xoves pon algo na cachola"


Para o mércores...

Que troula hai no cole!!
Gravatas e medias e calcetíns de cores por todas partes fan que estemos do máis divertidos!!

E para mañá: "O nariz e meixelas o mércores pintarás e da festa gozarás"

  

lunes, 4 de febrero de 2013

Agora qué, Manolo??

Pero que reguapos e reguapas estamos hoxe todos no cole!!
E que elegacia!! As gravatas quedan estupendas!!
E non vexades que elegante estaba Manolo hoxe!! Pero non está contento todavía e para mañá manda: "O martes ata os xeonllos as pernas taparás, e unhas medias de cores levarás"

 

viernes, 1 de febrero de 2013

1º Mandadiño do esqueleto Manolo

Que ilusión!! Que contentos!! O Entroido xa está aquí, e con el os mandadiños do Esqueleto Manolo!!

O amigo Manolo xa leva un par de días adornando a entrada do cole pero hoxe xa tiña preparado o primeiro mandadiño así que todas as Xirafiñas o visitamos para ver que é o que nos manda traer para o próximo luns.


Entre todos limos o seguinte: "O luns para comezar, unha divertida gravata has de levar"

miércoles, 30 de enero de 2013

Entroido de profesións

Como xa puidechedes ler na nota informativa, este ano a temática do Entroido no Couceiro será as PROFESIÓNS.
Os peques de infantil iremos de APICULTORES, para o que levaremos roupa branca, luvas e sombreiro con velo.
Deixámosvos aquí unha imaxe que vos pode servir de "inspiración", e tamén podedes atopar moitas na rede.

Dentro duns días mandarémosvos uns detalles que faremos no cole para adornar o traxe.

Lembrade que o espírito da festa é aproveitar aquelas cousas que temos por casa (aínda que non sexa noso, nin da nosa talla...) para conseguir un disfraz ben chulo, polo que  non é necesario mercar nada.


Moitas grazas pola vosa colaboración, e gozade do Entroido!!!

jueves, 23 de febrero de 2012

Despedimos o Entroido

Onde podemos atopar unha galiña e un pitufo en moto? Dúas sevillanas xogando cun crocodilo e unha abella? Super-heroes trepando polo tobogán?... Pois no noso cole!!
Hoxe no Couceiro celebramos o fin do Entroido, e os nenos de Infantil viñemos disfrazados para acompañar a queima do Entroido.


Estamos ben guapos, verdade?

viernes, 17 de febrero de 2012

Pitufi-fiesta!!

Por fin chegou o venres, o día da festa grande do Entroido!!
Como ben dixeron os presentadores na praza Real, levabamos moitos días traballando para este día: adornos, cancións, ensaios... pero o resultado pagou a pena, verdade???



Moitas grazas a todos pola vosa colaboración nesta Pitifi-fiesta!!!


Descansade e pasádeo ben estes días!! Vémonos o xoves con máis disfraces para rematar o Entroido por todo o alto!!

Se tedes fotos destes días non dubides en mandalas ao noso correo: anaalvarezfontenla@edu.xunta.es

jueves, 16 de febrero de 2012

Xoves de Mandadiños!!

Canta festa tivemos hoxe no cole!!!
Cos babeiro, as pencas, os axóuxeres, e as coletas e lazotes; cumprindo todos os mandadiños de Manolo estabamos todos así de guapos e guapas!!!!
Ata o próximo ano, Manolo!!



Ademais, a merenda de hoxe foi moi especial porque tivemos un montón de doces típicos do Entroido que as familias trouxeron ao cole. Mirade como nos puxemos....

No patio os momentos de xogo foron moi divertidos, mirade que ben o pasamos!!




Moitas grazas familias pola vosa colaboración!

Mañá o desfile sairá do cole sobre as 10.45 para chegar á praza Real sobre as 11 e alí comezar coas actuacións.
Esperámosvos!!!

miércoles, 15 de febrero de 2012

O derradeiro mandadiño

Que cantidade de axouxeres, babeiros e pencas por todo o cole!!!
Manolo está contentísimo con tanta festa e tanta "decoración"!!
Mañá:  O xoves a cabeza toca decorar, con coletas e lazotes haste adornar.



De seguro que mañá, cumprindo todos os mandadiños estamos aínda máis guapos!!!