A pasada semana, e para rematar o proxecto sobre a alimentación saludable, fixemos no cole unha cata de froitas.
As elexidas foron: manzana, fresas, piña, granada e mango. Moitos rapaces coñecían algunhas, as probaran, a uns gustabanlles, a outros non... pero todos estivemos de acordo en que tiñamos que probalas para poder saber se neste momento nos gustaban ou non.
Nalgúns casos comprobamos que o noso paladar vai cambiando porque agora gustábannos froitas que de "pequenos" non nos gustaban, noutros casos confirmamos que non gustaban nada, ou que nos gustaban pero con azúcar, ou menos madura... pero todos participamos na cata con entusiasmo.
Como podedes ver nas fotos a actividade no cole resultou un éxito e case todos o peques lanzáronse a repetir da súa (ou súas) froitas favoritas.
E o mango, gran descoñecido para moitos cando empezamos, resultou o gañador en popularidade!!
FRASES CON FIRMA
Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!

Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta alimentación. Mostrar todas las entradas

lunes, 31 de marzo de 2014
domingo, 2 de marzo de 2014
De charla sobre a alimentación
O pasado xoves, ademais de moita festa, recibimos no cole unha visita moi especial: Alicia, a mamá de Antón das Tartarugas, veu para darnos unha charla moi interesante.
Explicounos en que consiste o seu traballo, dietista-nutricionista, e que alimentos son máis importantes para que o noso corpo medre forte e san.
Entre todos fixemos unha pirámide alimentaria, na que estaban as hortalizas, legumes, carne, pescado, pan, pasta, cereais, pescado, arroz, agua... e ata doces!!
Algunhas ideas sobre a necesidade do corpo duns ou outros alimentos as tiñamos claras, pero agora temos que empezar a poñelas en práctica de maneira habitual para que a nosa alimentación sexa o máis completa e equilibrada.

Moitas grazas Alicia por compartir connosco este día de aprendizaxe!!!

lunes, 24 de febrero de 2014
Imos ao mercado!!!
O xoves Xirafiñas e Tartarugas, dentro das actividades do noso proxecto sobre alimentación saludable "E tí que comes??", visitamos o Mercado de Pontedeume.
Da man da familia da nosa compi Cris, visitamos os distintos postos de alimentación do mercado: peixarías, froitarías, carnizarías, chacinerías....
Comprobamos que venden en cada unha, descubrimos alimentos novos, averiguamos como é o aspecto de algún alimento antes de cociñalo...
E ata fixemos un pequeno concurso en cada posto!!
Sabedes que ave non voadora chámase igual que unha froita?, é verdade que os polbos cambian de cor?, os peixes respiran polos pulmóns??; terán barbas os mexillóns??...
O fixemos tan ben, tan ben que tivemos un premio moi especial: un recetario saludable!!!
Así que xa sabedes, está finde a ir ao mercado e a cociñar!!!
Non esquenzades contalo na clase!! E se é con fotos mellor!!
Moitísimas grazas á familia de Cris por ofrecernos a posibilidade desta visita e axudarnos tanto!!

jueves, 6 de febrero de 2014
Comer ben... rendir máis
lunes, 3 de febrero de 2014
Rico, rico e sano sano!!
O novo proxecto "E ti que comes?" vai a toda máquina!!
Xa temos no recuncho da investigación receitas, fotos de Xirafiñas cociñando alimentos novos, probrandoos, murais...
Para os que todavía non estades moi animados... Pinchade na imaxe para ver moitísimas máis ideas!!
Animádevos a colaborar connosco neste novo traballo!!

martes, 28 de enero de 2014
A nosa Master Chef!!
Xa temos na clase a primeira receita!!
Claudia trouxo unha completísima receita, que non dubidou en explicar como toda unha profesional da cociña!!

Como vedes é moi sinxela pero do máis completa e saludabe!!
Anímadevos a cociñar cos peques a recoller o traballo, o libro de receitas de Xirafiñas e Tartarugas pode arrasar nas librarías!!

jueves, 23 de enero de 2014
E ti, que comes?
Nestes días estamos empezando un pequeno proxecto relacionado cos bos hábitos alimenticios.
Parécenos un aspecto moi importante da vida dos nenos, que ás veces pásase un pouco por alto.
Esta vez, máis que nunca, a vosa colaboración é imprescindible. Dende a casa podedes traballar dun xeito máis directo os aspectos que nós tratamos na clase.
Así que nestes días falade cos nenos sobre o que ides comer, que tipo de alimento é, que axuden a preparalo, a mercalo, que o manipulen... sobre todo si é un alimento novo para eles ou un que normalmente rexeitan.
Na clase hoxe xurdíu unha proposta que vos pode axudar: traer (ou mandar ao correo) fotos probando unha comida nova, comendo un plato saudable, preparando unha receita sana... Tamén poden escribir e compartir con todos na clase a receita.
Desta maneira intentaremos que os pequechos mostren máis interese polo tema e valoren a importancia da boa alimentación.
Nós xa empezamos facendo unha táboa na que fomos apuntando o que almorzamos, parveamos, comimos, merendamos e ceamos nos tres primeros días desta semana. Botádelle unha ollada a ver que vos parece!!
Por outra banda, precisamos que cada neno traia ao cole un folleto de publicidade de algún súper xa que traballarán con eles a próxima semana.
E para ir animándovos aquí tedes un video que a profe Marga está a traballar:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)