FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de junio de 2014

As Xirafiñas presentan: "La ratita presumida"

Durante este curso os nenos e nenas de atención educativa tamén traballaron moito, e para finalizar as actividades prepararon para os compis de infantil unha obra con títeres: "La ratita presumida".

Como vedes tiveron moito que facer: os títeres, o guión, o teatrillo...



O fixeron fenomenal, verdade??

lunes, 29 de abril de 2013

Celebramos o día do Libro

O pasado mércores celebramos no cole o día do Libro.
Xa tiñamos falado na clase sobre o que era un libro, para que serven, como son, distintos tipos de libros... e tamén sobre o noso conto favorito.

Pero os compis de 4º, e 5º B de primaria representaron para todos un conto vivo: unha obra de teatro.

Os compañeiros de 5º B foron os encargados de abrir o telón coa obra "O espantallo que non quería ser espantallo" e os de 4º deronlle vida a "A verdadeira hostoria de Carapuchiña Vermella".
Todos o fixeron fenomenal, pero o verdade é que as Xirafiñas o pasaron pipa coa simpática obra de 4º.



Animádevos a pasar por Celecofre para desfrutar tamén vos das obras dos nosos artistas!!!

martes, 24 de abril de 2012

Welcome to the theater!!

O luns, 23 de Abril, celebramos o Día do Libro e o celebramos acudindo como público ao estreno da obra "The shoemaker and the elves", representado polos alumnos e alumnas de 3º.
Aínda que xa coñeciamos o conto, o contamos de novo, así que entendimos a obra moi ben o gustounos moito. Ademáis como algunha das xirafiñas ten irmáns nesta clase fomos un público moi entregado!!

 Nos próximos días seguirán as actuacións para o resto dos rapaces do cole e os papás e mamás dos actores e actrices. Estade atentos aos blogs e páxinas do cole para ver a actuación completa. Parabéns artistazos!!

Xa na clase fixemos este marcapáxinas tan chulo para conmemorar este día.


Quedou moi bonito, verdade?

viernes, 30 de marzo de 2012

Benvidos ao teatro do Couceiro!!

O pasado 27 de Marzo celebrouse o día Internacional do Teatro, e no noso centro o celebramos hoxe coa actuación dos nosos compis de 2º A, 2º B e 5º A.
Bruxas, xoaniñas, pescadas, cabaleiros, caracois... encheron o noso escenario para entretenimento de todos.


Que foi o que máis lles gustou??
Dentro duns días poderedes ver as actuacións en video nas páxinas do cole.
Aproveitamos para desexarvos unhas boas vacacións, vémonos o día 10.

lunes, 2 de mayo de 2011

Busy Bee

O venres foi un día de moito movemento!!
Unha das cousas que fixo que os peques do cole tiveramos tantas emocións foi o contacontos de inglés, a historia de Busy Bee!!
Busy Bee era unha abelliña moi traballadora que ademáis estaba moi ocupada porque tiña que facerlle unha torta de aniversario a abella raíña da colmea.
Foi moi divertida, e ata tivemos un momento de "tensión" cando un oso fixo acto de presencia no escenario!!

jueves, 25 de marzo de 2010

Teatro no Couceiro

Durante esta semana estamos a celebrar no cole a semana do teatro, e para iso onte os compañeiros e compañeiras de 3º representaron para todo o cole unhas obriñas moi chulas.
E hoxe os nenos e nenas de infantil asistimos a unha sesión de monicrecres, Pedro e o lobo.
O pasamos moi ben con todas as personaxes que saíron na historia: Pedro, o seu pai, as ovellas, o can, o rato e o lobo claro!! Aínda que algúns tiñamos algo de medo...
Pero enseguida o superamos participando na función coma personaxes invitados!!