O pasado martes, cando volvíamos de xogar nos xardíns, descobrimos no paseo algo moi, moi raro. Algúns nenos miraban entre as taboas as algas, cunchas... que deixara o mar na rampa,cando... unha botella pirata!!!
As profes non daban crédito, así que os encargados de cada clase baixaron a por ela. Despois de moitos gritos e moita confusión decidimos entrar no cole para poder observar e descobrir o contido de tan misterioso decobrimento!!
Dentro da botella había unha mensaxe que decía que era o Capitán Cara de Pan e que solicitaba a nosa axuda para atopar un tesouro que os seus enimigos roubaran.
Como os cabaliños e as foquiñas somos moi colaboradores enseguida aceptamos.
O problema e que agora esperamos noticias do noso novo amigo, e atopamos misteriosas pistas en calqueira sitio...