Despois de falar sobre o que nos parecía o cadro, que había debuxado nel, que cores empregaba... falamos un pouquiño sobre o autor do cadro, e ata aprendimos o nome dunha árbore: o ciprés!!
Pero como aprendemos de verdade é experimentando, así que metímonos na pel do pintor e convertémonos en Van Gogs para crear a nosa propia artistada!!
O pasamos moi ben pintando coas ceras brandas (que son moi rápidas) e rematándoo con acuarelas.
As acuarelas tamén sorprenderon moito porque a profe Ana fixo un "experimento" reciclando os rotus que xa non pintan ben, e quedou estupendo!!
1 comentario:
Parabens xirafiñas!! Sodes uns artistazos!!! Moitos bicos para todos e todas e para a profe Ana. Dende Carrio vos desexamos Bo Nadal!!
Publicar un comentario