A través da asociación Roxín Roxal contactamos con este cantautor canario, de orixe vasco, que ademáis de adicarse a canción é un gran mestre do antiguo arte do silbo gomero.
Antes da visita, como grandes investigadores que somos, pescudamos onde estaban as Illas Canarias, cal era a Gomera, e que era iso do silbo. Aprendimos que a illa está feita a partires de lava do volcán e que por iso ten montañas moi altas e vales moi profundos que facían moi dificil a comunicación entre os habitantes, polo que idearon a comunicación a través do silbo.
Estabamos bastante alucinados de que algúen falar así... pero pronto o entendimos moi ben grazas a Rogelio e os seus axudantes.
Explicounos que asubían usando as vogais e pouco a pouco o oído fíxose ao son, porque entendiamos bastante ben o que quería dicirnos!!
Moitas grazas pola visita!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario