O venres a profe Lorena veu a nosa clase para sorprendernos cunha clase de música, pero a sopresa levouna ela porque nós somos uns grandes bailaríns!!
Tamén pasou pola nosa clase a profe Marga, que veu acompañada por un amigo, o osiño Teddy!! Con eles aprendemos ingés.
Pero non foron as derradeiras visitas do día a clase das xirafas, a profe Geni levounos a psicomotricidade e mirade o ben que o pasamos xogando no circuito!!
O martes, seguindo co noso completo horario, a profe Geni tamén levounos a informática onde terminamos vendo un video na "pizarra máxica".
A aula de informática está no corredor principal do cole, e alí atopamos unhas pegadas moi raras...
Algúns dicían que eran dun pato, ou dun oso, ou dun paxaro xigante... pero para descobrir de que se trataba decidimos seguilas... As pegadas laranxas levabannos ata unha porta e dentro: a biblioteca do cole!!
Nela estaba Güino, o pingüín que deixara as pegadas polo corredor e que é a mascota da biblio. Tamén descobrimos que está cheícha de contos e con moitos sofás moi cómodos nos que puidemos sentarnos e escoitamos o conto que a profe Ana elexiu para nós.
Canta actividade, verdade? Pois aínda contaremos máis e vos presentaremos a novas profes; próximamente nos mellores blogs!!!
4 comentarios:
Que bien se lo pasan y cuanto trabajan! Claudia llega agotada a casa pero se levanta feliz para volver al cole y no me extraña porque se ve que disfrutan y que suerte tienen de tener tantas actividades y profes. Muchas gracias Ana por ponernos las fotitos y el video!! que está chuliiisimo, gracias por tú trabajo con nuestros hijos y gracias por dedicar tú tiempo libre para que podamos disfrutar viéndolos en el cole.
Non se se serei capaz de encontrar as palabras axeitadas para explicar o que sentimos os pais ao ver ás nosas pequenas xirafas dar os seus primeiros pasos na súa educación do futuro, polo que soamente se me ocorre dicir en voz alta, aínda que non máis claro, ¡¡¡GRAZAS!!!.
se lo pasan genial y m encata ver q acen tdoslos dias en clase porque bryan nunca cuenta nada bueno seguire viendo el blog para ver lo q hacen
La verdad es que se lo pasan en grande, Laura se levanta con unas prisas, tiene miedo de perder el bus y no poder ir al cole, y los Sábados y Domingos se levanta de morros porque quiere ir al cole...Las fotos y videos ya demuestran como se divierten, no me estraña que vayan tan emocionados
Publicar un comentario