En pequenos grupos achegámonos a velos, pero pouco durou a calma... Porque Diego sacouno do bote para que as foquiñas o viramos ben e cando Ramón quixo facelo mesmo... o lagartiño saltou e púxose a correr pola mesa, e da mesa ao chan!!
Os berros deberon escoitarse en Cabanas!!! Menos mal que Diego estaba atento e o colleu con moita calma.
Con esa calma mostrou as partes do lagarto, as patas, as escamas, ata o cú puiodemos verlle!! E como a cousa ía tan ben Diego o colocou no seu brazo e co susto que tiña o pobre correu ata o ombro e... saltou ao peito de Alex!! Podedes imaxinar as caras de susto e os berros (de novo). Cando cansou de investigar o tronco de Alex saltou ao chan e tivemos que ir a buscalo ao corredor!!!
En fin... seguro que nas casas tamén hai versións moi divertidas do ocorrido, verdade??
No hay comentarios:
Publicar un comentario