Así que nós aproveitamos un ratiño que tivemos despois da clase de inglés de Sabela para ir merendando, e levar o traballo feito, e logo saímos de paseo.
O obxectivo da saída era coñecer algúns das fermosas árbores que hai no parque: as moreiras (que tan ben lles saben aos nosos vermiños), as altisímas palmeiras (onde Baloo ráscase), a árbore do amor (que ten follas en forma de corazón), a árbore das meigas (as que algúns vironlles os ollos, o nariz, o gorro...), as camelias (que tiñan flores moi bonitas) ou os magnolios (dos algúns levaron un recordo para a casa...)
Pero sobre todo o pasamos moi, moi ben xogando todos xuntos no parque. Algún con tanta emoción ata recoñeceu entre palmeira e palmeira "a aldea dos homes" do conto "El libro de la selva".
2 comentarios:
A árbore da bruxa siempre ha tenido mucho exito, victoria le veía barba y ojos, y le encantó eso de cambiar de parque por un día.
Pablo pasouno "xenial" según conta no parque e colleu moitas follas. Sodes fantásticas cos/coas peques.Bicos.
Publicar un comentario