FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta nadal. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de diciembre de 2013

As derradeiras actividades do ano 2013!!

Esta derradeira semana do ano deu para moito, así que deixámosvos os mellores momentos para que os desfrutedes en familia.

Preparamos unha orixinal árbore de Nadal usando unha piñas moi pequerrechiñas que trouxeron ao cole Ana e a súa mamá.
Moitas grazas!!


Quedaron moi chulos, verdade??

Tamén tivemos tempo para sorprender a todos coa nosa fantástica actuación no festival de Nadal.
O fixemos xenial, non si??




Se tedes fotos do gran momento poderes mandarmas a anaalvarezfontenla@edu.xunta.es.

E para terminar a semana como merecíase, os Paxes Reais visitaron o noso cole para que puideramos entregarlles as cartas para os Reis Magos.
Como todos portámonos moi ben, seguro que eles tamén pórtanse estupendamente con nós!!


paxes13presentación imagenes

E nada máis, e nada menos!!

Pasádeo moi ben, gozade moito das festas e descansade nas vacacións!!

lunes, 16 de diciembre de 2013

Xa temos no cole a árbore de Nadal!!

Cun pouco de retraso, xa podemos ensinarmos o chulo que temos o cole coa chegada do Nadal!!

Grazas a colaboración de todas as familias temos unha árbore de Nadal do máis orixinal, e con materiais de refugallo!!

E nós fixemos na clase uns bastóns de caramelo para adornar o noso corredor, que... teñen moi boa pinta, verdade?? Traballamos moito para extender a plasti, picar, pintar... pero mereceu a pena por ver o fantástico resultado.

sábado, 22 de diciembre de 2012

Bo Nadal!!

O ano remata e todas as Xirafiñas queremos desexarvos un bo Nadal e unha boa entrada no novo ano 2013, no que seguiremos aquí traballando, aprendendo e pasándoo moi ben.


Tamén queremos aproveitar para recomendaros algunhas lecturas que dende Bibliocouceiro temos seleccionadas, e que pensamos que poden gustar moito e propiciar un bo rato en familia, amigos ou nós soíños.

 
Recomendacións nadal12 from ana alvarez
(Podedes ver a presentación a pantalla completa premendo no icono abaixo á dereita)

Neste tempo de lecer de Nadal hai moitas actividades interesantes para facer cos peques da casa, recollo aquí algúns enlaces nos que podedes atopar varias propostas divertidas:


FELICES FESTAS!!

Por fin... festival de Nadal!!

Onte por fin todos pudeiches desfrutar da fantástica actuación de Nadal de Xirafiñas e Tartarugas!!!


Como vedes foi unha actuación fantástica e con moito, moito ritmo!!
Os peques traballaron moito para que saíra así de ben, e todos esperamos que vos gustara moito e desfrutarades da actuación.

E despois de tanto baile repuxemos forzas cunha merendola!!!

Pero non remataron ahí as sorpresas porque... adiviñades quen non visitou??? Os paxes reais!!!


nadal12 - foto montaje

Se queredes desfrutar de todas as actuacións visitade Celecofre, seguro que desfrutaredes moito do resto de espectáculos porque nós o fixemos en directo.
Ademáis podedes volver a desfrutar do Burrito Sabanero en versión HD.

jueves, 20 de diciembre de 2012

Os reggetoneros do Couceiro!!

Pero que guapísimos estabamos todos hoxe!!

Os nosos looks reggetoneros foron todo un exitazo!!

E que dicir da actuación!!! Pois nada de nada.... será un segredo para que mañá desfrutedes moito da sorpresa!!

O que si que faremos é ensinarvos o guap@s que imos, para que vaiades abrindo boca.


Mañá despois da actuación para as familias teremos merendola, así que é probable que non tomemos toda a parva. Se non vos apetece que non a traian.

Lembrámosvos que á zona de familias se accede pola porta traseira do salón. Se queredes facer fotos ou videos facédeos dende alí, porque a porta dianteira ten que estar libre para o paso dos artistas.
Moitas grazas de novo pola vosa colaboración!!!

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Preparando o correo real

No corredor do noso cole temos dende hai uns días un buzón real, para que os peques do Couceiro poidan deixar as cartas para as Súas Maxestasdes.

 Así que as Xirafiñas non perdimos ocasión de poñer en práctica todo o que aprendemos no cole e con moito agarimo preparamos as nosas peticións para este Nadal.


Maxestades, estade ben atentos ás nosas peticións porque todos fomos moi, moi boíños e boíñas!!

sábado, 8 de diciembre de 2012

As estrelas do Nadal

No cole xa é oficialmente Nadal!!
Como nos centros comerciales máis importantes e nas grandes cidades o noso cole tamén ten "encendido navideño" e iso aconteceu este mércores!!

Grazas ao traballo e implicación de todas as familias de infantil a árbore do nadal do Couceiro xa luce fermosa na entrada do cole!! E nós a mar de orguiosos de ver e recoñecer a nosa estrela entre tanto brillo e purpurina!!

Ademáis a profe Pilar preparou cos seus alumnos un fermoso belén do que tamén podedes desfrutar, tanto como o facemos nós cada vez que pasamos polo corredor principal.

Pero como non toda a decoración ía a ser para o corredor principal... os peques do Couceiro convetéronse en os auténticos trasnos do Nadal e que agora adornan o noso corredor.


Estes pequechos si que son unhas grandes estrelas, non sí??

De novo, moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración!!

jueves, 22 de diciembre de 2011

As Xirafiñas desexámosvos un Bo Nadal!

Todas a Xirafiñas queremos desexarvos unhas moi felices vacacións e que pasedes unhas festas de Nadal xeniais.
Moitos bicos para todos!!


Volveremos a vernos o día 9. Ata o próximo ano!

Celebramos o Nadal!!

O primeiro trimestre chega oa seu fin, e para celebrar a chegada do Nadal por todo o alto as Xirafas e as Tartarugas preparamos con moito cariño e moita ilusión unha actuación estelar, como as grandes estrelas que somos!!
Coa música do novo disco de Mamá Cabra, "Xa me tardan estes Magos", os peques do cole preparamos este baile tan movido, que gustou moito a pequenos e maiores, non si?




Despois de tanto traballiño, e como remate da festa, todos os nenos e nenas de EI celebramos unha festa cun montón de larpeiradas, das que dimos boa conta.



Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración na celebración e organización deste festival.

martes, 20 de diciembre de 2011

Os paxes reais visitan o cole

Hoxe, saíndo do festival do Nadal, os nenos do cole levamos unha sorpresa tremenda: os paxes reais esperábannos na porta do cole para recoller as nosas cartas para as Súas Reais Maxestades os Reis Magos de Oriente!!



Xa nas clases botamos as nosa carta no buzón real e a cambio levamos unha bolsiña de caramelos!! As nosas caras falan por sí solas, verdade??



lunes, 19 de diciembre de 2011

O cole énchese de Nadal

Todos levamos moitos días traballando para que o noso cole luza brilante, colorido, e moi, moi decorado con motivo da celebración de Nadal!!

Cada que plasmou as súas maniños en distintos papeis verdes cos que fixemos as ramas da nosa árbore, e tamén distintos adornos, pintadiños e con purpurina, cos que a decoramos.



Todos os nenos do cole fixemos o noso adorno e así luce de fantástico o noso corredor!!



As Xirafiñas tamén traballamos moito para poder ter os adornos, postais e traballiños listos para estas festas!!



Esperamos que vos guste moito!! Xa contaredes...

domingo, 18 de diciembre de 2011

A nosa primeira excursión!

O venres todos os nenos e nenas de EI saímos de excursión para visitar o fermoso Belén da Orde 3ª en Ferrol.
A pesares do tempo, que fixo que pasaramos algún que outro apuro, o Belén gustounnos moito e o desfrutamos con moita ilusión e emoción.
Cada figura tiña vida propia e unha historia que contar e que todos atendemos con moita atención: a roupa de Sra. Maruja que caía ao chan cando a tendía, os pintores das fachadas das casas, o burriño que tiraba os sacos de millo que lle cargaban enriba, os reis que camiñaban ata o portal...



Ao chegar ao cole todos falamos das cosas que máis gustáronnos do Belén, e parece que a pesar das dificultades todos desfrutamos moito da saída.
Que contaron ao chegar a casa? Que vos pareceu a primeira saída das Xirafiñas?

jueves, 8 de diciembre de 2011

Xa chega o Nadal!

O Outono vai deixando paso a unha das festas que máis gustan aos peques, e tamén aos menos peques, o Nadal!!
Este ano a decoración do noso corredor estivo a cargo dos rapaces e as súas familias, que usando materiais de refugallo, moita imaxinación e moito cariño conseguiron un resultado fantástico!!!
Mirade que contentas e orguiosas estabamos todas as Xirafas ensinando e explicando os nosos adornos!!





Pero a arte non remata na nosa clase, ao longo do corredor vense ideas moi orixinais, sinxelas e realmente preciosas!!
Deixovos aquí un repaso polas que chamáronme máis a atención, unha pequena selección porque a colección é moi longa!!
Cando pasedes polo noso corredor, animádevos a mirar para o teito!!



Moitas grazas a todos pola vosa axuda, o corredor está xenial!!!

domingo, 26 de diciembre de 2010

Bo Nadal!!!

Todas as foquiñas desexámosvos un Bo Nadal e un ledo 2011 a todos os nosos "fans" do blog!!


Moitas grazas!!!

Festa con sorpresa

Despois do Festival os nenos de Infantil íamos a celebrar a "festa do gusanito", para celebrar o final do ano no cole, e de supeto... unha música de gaita púxunos un pouco nerviosos, os paxes reais estaban de camiño para recoller as nosas cartas!!!


Coas cartas xa no buzón real todos puidemos celebrar unha gran festa na que papamos ata tar a panzota ben chea!!
Porque "non vos dan de comer na vosa casa?" "si, pero non mucho", e aproveitamos para enchela ata acabar as existencias!!
Moitas grazas a Carlos e a súa mamá por esa tarta tan rica e tan orixinal!!

Os couceriños celebramos o festival de Nadal

Despois de moitos ensaios e traballo nas casas e no cole todos os Couceiriños estabamos listos para a nosa actuación do Nadal.
E como unha imaxe vale máis que 1000 palabras, deixámovos un montón de imaxes para que non vos falten as palabras!!


jueves, 16 de diciembre de 2010

Xogamos no Nadal?

Deixovos un xoguiño para entreterse nestes días de Nadal.
Espero que o desfrutedes!!

Bo Nadal!!

Montamos o Belén!!

O martes todos os nenos e nenas de infantil saímos do cole para visitar o Belén e o Museo das Mariñas de Betanzos.
Como somos moitos Couceiriños dividímonos en dous grupos, e nós fomos primeiro ao Museo onde vimos cousas moi antigas: tumbas, aparellos de traballo, máquinas de cine, máquinas de música con discos de pedra, traxes (incluído un de noiva, que era negro!)... e hasta as esculturas de pedra dos cabaleiros de Pontedeume!!

Logo, aproveitando a boa mañá, merendamos na praza e xogamos un anaquiño. Tivemos varios aterraxes forzosos, pero como estamos moi preparados entre nós xa facémonos as curas!!

Xa coa panza chea fomos ao Liceo para ver o Belén. Era moi grande, e todas figuras movíanse e falaban, os anxos baixaban e subían sós, chovía, nevaba... En fín, que non sabiamos para onde mirar!!