FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta vacacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vacacións. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de septiembre de 2013

Comezando o curso con enerxía!!

Xa levamos algo máis dunha semaniña de cole, e xa no derradeiro curso de Infantil!! Como pasa o tempo...
Durante estes días traballamos, falamos do verán e xogamos, xogamos e xogamos!!!




Así de ben recibíronnos no cole, ao ritmo da canción "Jambo Bwana", que traballamos o curso pasado para conmemorar o día da Paz, un saludo en swahili que é usado como benvida en Kenia.

Aproveitamos os primeiros momentos para contarnos o ben que o pasamos nas vacacións e facer un debuxo do que máis nos gustou do verán.

Tamén empezamos a traballar conxuntamente, e entre todos fixemos este mural tan chulo que agora decora a entrada da nosa clase.



Pero sobre todo tivemos tempo para reencontrarnos, desfrutar dos compis e xogar!!!

miércoles, 19 de septiembre de 2012

1ª semana en 4 anos!!

Xa levamos unha semaniña xuntos e tivemos tempo para facer moitas cousas.

Unha das primeiras actividades deste curso foi contarnos e ensinarnos as fotos das nosas vacacións e, como somos maiores, escribimos algo de cada unha.
Mirade que concentrados estamos!!



E como non todo vai ser traballo tamén tivemos moitos ratos de xogo: no patio, na clase, cos disfraces, descubrindo xoguetes novos da clase de 4 anos...


E para que vexades que ben sentounos o verán a nosa primeira foto de familia... con todos vos as Xirafiñas na clase de 4 anos!!!


martes, 27 de julio de 2010

Os Couceiriños nas noticias!!

Vendo as noticias o pasado venres 23 de xullo atopei de supeto caras moi coñecidas!!!
Pois si, Foquiñas, Cabaliños, Bolboretas... ocupaban a pantalla do meu televisor.
Foi toda unha sorpresa volver a vernos deste xeito!!
Se tamén queredes vervos na TV, non tedes máis que picar aqui. (o video está na parte 5 do telediario minuto 1:16, no enlace aparece enteiro o informativo)
Biquiños rapaces!!

domingo, 9 de agosto de 2009

Cantajuegos en Coruña

Todos coñecedes xa os grandes éxitos de "Cantajuego", pero agora tedes a oportunidade de velos en vivo e en directo xa que actuarán en A Coruña o próximo día 21 de agosto no Coliseum.
Deixovos a información no enlace, e xa contaredesme se algún vai á festa!!!

miércoles, 15 de julio de 2009

Despedida do curso 2008/2009

Despois de moitos problemas técnicos podo despedir este curso como o merece.
Deixovos o enlace a un video que resume o moito que traballamos todos durante o curso 2008/2009, e o que non sae...
Espero que o desfrutedes e que pasedes un bo verán, se o tempo o permite!!
Aproveito para informarvos que o día 3 de Septembro, as 10 horas, teremos unha reunión no cole con todos o pais e nais dos nenos de Educación Infantil para dar comezo a un novo curso.
Tamén comentarvos que no albúm "Festival de fin de curso" engadín uns videos das nosas actuacións estelares!!!!

Boas vacacións!!!!

O meu verán: Victoria

Hola, ¿como va el verano?. Aquí en Pontedeume parece que no va, no quiere arrancar el buen tiempo, así que tenemos que ingeniarnosla como podemos ya que no tenemos la fortuna de poder poner rumbo al sur. Aunque este tiempo también nos permite descubrir cosas cercanas como el parque Pasatiempo de Betanzos. Victoria lo descubrió hace unos días y le encantó, Pasó un poquito de miedo en las cuevas pero el resto del parque le gustó mucho. Os dejo unas fotos de muestra. Saludos. Sandra.