FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!

viernes 17 de febrero de 2012

Pitufi-fiesta!!

Por fin chegou o venres, o día da festa grande do Entroido!!
Como ben dixeron os presentadores na praza Real, levabamos moitos días traballando para este día: adornos, cancións, ensaios... pero o resultado pagou a pena, verdade???



Moitas grazas a todos pola vosa colaboración nesta Pitifi-fiesta!!!


Descansade e pasádeo ben estes días!! Vémonos o xoves con máis disfraces para rematar o Entroido por todo o alto!!

Se tedes fotos destes días non dubides en mandalas ao noso correo: anaalvarezfontenla@edu.xunta.es

jueves 16 de febrero de 2012

Xoves de Mandadiños!!

Canta festa tivemos hoxe no cole!!!
Cos babeiro, as pencas, os axóuxeres, e as coletas e lazotes; cumprindo todos os mandadiños de Manolo estabamos todos así de guapos e guapas!!!!
Ata o próximo ano, Manolo!!



Ademais, a merenda de hoxe foi moi especial porque tivemos un montón de doces típicos do Entroido que as familias trouxeron ao cole. Mirade como nos puxemos....

No patio os momentos de xogo foron moi divertidos, mirade que ben o pasamos!!




Moitas grazas familias pola vosa colaboración!

Mañá o desfile sairá do cole sobre as 10.45 para chegar á praza Real sobre as 11 e alí comezar coas actuacións.
Esperámosvos!!!

miércoles 15 de febrero de 2012

O derradeiro mandadiño

Que cantidade de axouxeres, babeiros e pencas por todo o cole!!!
Manolo está contentísimo con tanta festa e tanta "decoración"!!
Mañá:  O xoves a cabeza toca decorar, con coletas e lazotes haste adornar.



De seguro que mañá, cumprindo todos os mandadiños estamos aínda máis guapos!!!

martes 14 de febrero de 2012

Manolo, que toca mañán?

Os mandadiños do Esqueleto Manolo seguen, e para o mércores: O axóuxere traerás, e o mércores soará.

lunes 13 de febrero de 2012

O Esqueleto Manolo segue facendo das súas...

Que guapos hoxe todos con babeiros no cole!!! Babeiros con bolboretas, con leóns, con patiños, co noso nome.... Ata Manolo apareceu hoxe do máis guapetón co babeiro!
Pero aínda non está contento, e hoxe dixonos: Cheo de pencas o martes virás, para as túas fazulas animar.


Lembrade: mañán con babeiros e pencas!!

sábado 11 de febrero de 2012

Xogamos coas Xirafiñas?

As Xirafiñas xa temos ordenador na aula, e que mellor maneira de estrearlo que co noso propio xogo.
Espero que o desfrutes!!


Premede no icono da parte superior dereita para poder xogar a pantalla completa.

viernes 10 de febrero de 2012

Xa chega o Entroido!!!

O Entroido chegou ao noso cole pola porta grande, e encheu os corredores e as aulas de máscaras, serpentinas, trompetas... e moita, moita cor!


Hoxe, as Xirafiñas achegámonos a ver a o Esquelete Manolo que tiña unha mensaxe para nós.

Así que, xa sabedes: O luns comezamos a xornada, cun babeiro na papada!!!!