FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta normas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta normas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Bos días, atá mañá!!!

Durante este trimestre, dende o equipo de convivencia do centro propúxose a idea de traballar a importancia dos saúdos e as despedidas, e nós así o fixemos.

Falamos do que sentimos cando alguén saudanos ou despídenos cun sorriso, ponnos contentos, gústanos. Por iso tamén nós debemos saludar cando atopamos a alguén coñecido, chegamos a un sitio, marchamos...
E para non esquecelo fixemos uns banderines onde recollimos os principales saúdos que usamos no día a día, e outro coas despedidas.

Os banderines quedaron moi chulos e coloridos e agora adornan o noso corredor para recordar esta lección de vida tan importante.



Parece que a iniciativa está a funcionar porque pola mañá, a pesares das caras de sono, son moitos os que xa saúdan a todas as profes que van atopando polo corredor.

jueves, 26 de abril de 2012

As nosas normas

As xirafiñas levamos xa moitos meses xuntos e o roce fai o cariño, pero tamén crea algún que outro conflicto.
Pouco a pouco fomos establecendo unhas normas da nosa aula pero aínda non eran "oficiais" porque non estaban recollidas en ningún sitio.
Así que a partires dun pequeno conflicto no patio, decidimos sentarnos a falar do problema e unha vez solucionado pensamos como recoller as nosas normas dun xeito claro e sinxelo.

As normas da nosa clase son: Agora están na entrada da nosa clase para recordalas e que todo funcione moito mellor!!