Onte, a pesares da chuvia, no cole celebramos o día da Paz cun acto ben bonito.
Todo o cole estaba chulísimo, decoración que prepararon os nenos, nenas e profes do 1º ciclo de Primaria. Uns artistas!!
Os alumnos de 6º foron os encargados de presentarnos a Nelson Mandela, a quen adicamos este ano este
día tan especial.
Tamén prepararon, xunto coa profe Lara, a obra musical da película "Pocahontas" que, como vedes interpretaron dun xeito extraordinario.
Despois, todos xuntos, bailamos a danza africana que homenaxeaba a Mandela e que tamén foi un gran éxito.
E aínda que o tempo fixera das súas, non quedamos sen a tradicional solta de pombas da Paz.
É unha magoa que o tempo impedira que puideramos compartir este día tan especial, pero para que poidades facervos unha idea...
FRASES CON FIRMA
Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!

Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!
Mostrando entradas con la etiqueta paz. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de febrero de 2014
miércoles, 30 de enero de 2013
Paraugas para a Paz
Hoxe, a pesares de que o tempo púxonolo complicado, celebramos no cole o Día da Paz.
Como en anos anteriores desfrutamos dunha instrumentación, neste caso interpretaron a banda sonora de "Carros de Fuego", que contou ata co son do acordeón!!
E tras ler o manifesto pola Paz bailamos todos xuntos a canción africana Jambo Bwana, que estivemos preparando estos días.
O primeiro ciclo de Primaria foi o encargado da decoración do cole, así como dos paraugas tan chulos que serviron de lema para celebración deste ano: "Paraugas para a Paz"; e os nenos de 6º, os seus titores e a profe Lara os responsables do manifesto pola Paz, e a música e baile dos que todos os que asistimos desfrutamos tanto.
Esperamos que vos gustara moito porque, aínda que o tempo quixera fastidiar a festa, todos a esperábamos con moita ilusión!
Se tedes fotos ou videos do día por favor envíademos (anaalvarezfontenla@edu.xunta.es) porque entre salto e salto non fun quen de inmortalizar o momento!! Aínda que esperamos poder ensinarvos pronto o video e fotos oficiais...
Como en anos anteriores desfrutamos dunha instrumentación, neste caso interpretaron a banda sonora de "Carros de Fuego", que contou ata co son do acordeón!!
E tras ler o manifesto pola Paz bailamos todos xuntos a canción africana Jambo Bwana, que estivemos preparando estos días.
Esperamos que vos gustara moito porque, aínda que o tempo quixera fastidiar a festa, todos a esperábamos con moita ilusión!
Se tedes fotos ou videos do día por favor envíademos (anaalvarezfontenla@edu.xunta.es) porque entre salto e salto non fun quen de inmortalizar o momento!! Aínda que esperamos poder ensinarvos pronto o video e fotos oficiais...
martes, 31 de enero de 2012
Celebramos o día da Paz
Onte, 30 de Xaneiro, no noso cole, como en moitos outros, celebramos o día da Paz.
Pero non só de festas vive o Couceiro, porque para poder celebralo como é debido todos estivemos traballando durante os días anteriores para que o centro lucira deste xeito.

Adornos para a nosa árbore, murais conmemorativos e unha exposición de libros e contos para a Paz e a Amizade, valores que non queremos deixar pasar por alto no noso centro. Se non tivechedes oportunidade de admirar esta exposición animámosvos a vir a facelo.
Pero tamén preparamos traballos máis "artísticos", porque os nenos e nenas de Infantil realizamos coas profes Lorena e Pili unhas viseras moi chulas para ir ben guapos á festa.
Cando todos estabamos así de ben colocadiños, os alumnos de sexto interpretaron unha peza instrumental de Dvorak e leron o Manifesto pola Paz. Foi un momento moi chulo, e todos puidemos ver os grandes artístas que temos no Couceiro!

Pero se dubida, o momento estelar foi a interpretación da canción "A Muralla".
A peques e maiores gustoulles tanto que, despois da xa tradicional solta das pombas, outro gran éxito da festa, repetimos o baile, esta vez acompañados polas nosas familias!!
Con esta "muralla" de mans de nenos, nenas, profes, nais, pais, avós... o Couceiro pide PAZ!!
Durante estos días os profes estamos a traballar para conseguir colgar os videos da celebración, nuns días esperamos poder facelo. Se tedes fotos da festa que queirades compartir non dubidedes en mandalas ao noso correo.
viernes, 11 de febrero de 2011
O día da Paz 2011
O día 30 de xaneiro celebrase o día da Paz, e nós tamén o celebramos no noso centro, eso sí cando o tempo o permitiu.
Todos os nenos do cole estabamos moi ilusionados coa celebración porque levabamos varias semanas preparandonos para ese día. Cos nenos maiores e a profe Lara ensaiamos a canción e o baile "Amiguiños todos", e tamén fixemos algúns traballos nas clases.
O corredor de Infantil e o corredor principal enchéronse de macaquiños dos alumnos do cole, que uníanse para todos xuntos vivir con amor e paz.

Tamén aproveitamos o día para achegarnos de novo a arte a través do cadro de Pablo Picasso "El niño con el pichón". Observámolo, falamos sobre el, que era?, quen era?, que lle pasaba?... todos estabamos de acordo en que era unha nena cunha pomba da Paz.
Logo falamos sobre como podíamos titular ao cadro e comparámolo co titulo que lle deu o autor.
Como nós tamén somos uns artistas fixemos as nosas propias obras de arte, que están fantásticas!!!
Para o día da celebración no patio do cole ir todos ben guapos, coas profes Vero e Pilar fixemos uns broches moi chulos.
E tamén tivemos que rechear con "plumas" o noso anaquiño da Pomba da Paz, que este ano converteuse nun quebracabezas para completar todos os nenos do cole xuntos. O anaquiño de Infantil quedou precioso cheíño de pequenas plumiñas feitas coa silueta das mans dos pequechos.
Os encargados de levar a nosa peza do puzle e axudar a completar a pomba foron a peixiña Nerea e a foquiña Pablo G., por ser o maior e a pequena do corredor.
O baile saíunos moi ben, non si??

domingo, 31 de enero de 2010
O día da Paz
Este ano tivemos que adiantar a celebración do Día da Paz no cole, xa que o día 30 era sábado. Durante esta semana falamos en varias ocasións sobre o que significaba a Paz e en que podíamos aplicalo nós no cole. Para ir todos ben guapos na celebración preparamos unhas estupendas coroas coa pomba da paz, na que escribimos PAZ en varios idiomas.
No patio, xa todos os nenos do cole xuntos, soltamos as pombas da paz e todos xuntos cantamos unha canción que preparamos para a ocasión. Logo a repetimos na nosa clase, mirade que ben o facemos!!!

sábado, 31 de enero de 2009
O día da Paz
Onte celebramos no cole o día da Paz. Levábamos varios días falando do tema e de que é para nós a Paz: "non pelexar", "non empurrar", "ser amigos", "non tirar do pelo"... Tamén de que o importante é facer a "Paz" todos os días e non só o día que o celebramos!!!

Pero non foi a única pomba que decoramos porque entre todos os nenos do cole fixemos unha moi grande onde pegamos as nosas mans brancas.

Tamén fixemos coas profes Ana e Verónica uns colares moi chulis e especiais para a data.
Deixámovos aquí un resumo do ben que o pasamos na celebración desta festa.
Aproveitamos para darlle a benvida á nosa clase á profe Elena, que "practicará" connosco durante uns meses. Esperamos pasalo moi ben xuntos!!!
Para festexar este día puxémonos mans á obra, nunca mellor dito, porque decoramos o noso cole con dúas pombas moi especiais. A primeira foi a Pombiña da Paz do noso corredor de Infantil que a recheamos coas pegadas das nosas mans pero en moitos cores!!! Non fai falla dicir que pintar toda a man para facelo foi moi divertido!!
Pero non foi a única pomba que decoramos porque entre todos os nenos do cole fixemos unha moi grande onde pegamos as nosas mans brancas.
Tamén fixemos coas profes Ana e Verónica uns colares moi chulis e especiais para a data.
Deixámovos aquí un resumo do ben que o pasamos na celebración desta festa.
Aproveitamos para darlle a benvida á nosa clase á profe Elena, que "practicará" connosco durante uns meses. Esperamos pasalo moi ben xuntos!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)