Como en anos anteriores desfrutamos dunha instrumentación, neste caso interpretaron a banda sonora de "Carros de Fuego", que contou ata co son do acordeón!!
E tras ler o manifesto pola Paz bailamos todos xuntos a canción africana Jambo Bwana, que estivemos preparando estos días.
Esperamos que vos gustara moito porque, aínda que o tempo quixera fastidiar a festa, todos a esperábamos con moita ilusión!
Se tedes fotos ou videos do día por favor envíademos (anaalvarezfontenla@edu.xunta.es) porque entre salto e salto non fun quen de inmortalizar o momento!! Aínda que esperamos poder ensinarvos pronto o video e fotos oficiais...
No hay comentarios:
Publicar un comentario