Pero non só de festas vive o Couceiro, porque para poder celebralo como é debido todos estivemos traballando durante os días anteriores para que o centro lucira deste xeito.
Adornos para a nosa árbore, murais conmemorativos e unha exposición de libros e contos para a Paz e a Amizade, valores que non queremos deixar pasar por alto no noso centro. Se non tivechedes oportunidade de admirar esta exposición animámosvos a vir a facelo.
Pero tamén preparamos traballos máis "artísticos", porque os nenos e nenas de Infantil realizamos coas profes Lorena e Pili unhas viseras moi chulas para ir ben guapos á festa.
Cando todos estabamos así de ben colocadiños, os alumnos de sexto interpretaron unha peza instrumental de Dvorak e leron o Manifesto pola Paz. Foi un momento moi chulo, e todos puidemos ver os grandes artístas que temos no Couceiro!
Pero se dubida, o momento estelar foi a interpretación da canción "A Muralla".
A peques e maiores gustoulles tanto que, despois da xa tradicional solta das pombas, outro gran éxito da festa, repetimos o baile, esta vez acompañados polas nosas familias!!
Con esta "muralla" de mans de nenos, nenas, profes, nais, pais, avós... o Couceiro pide PAZ!!
Durante estos días os profes estamos a traballar para conseguir colgar os videos da celebración, nuns días esperamos poder facelo. Se tedes fotos da festa que queirades compartir non dubidedes en mandalas ao noso correo.
1 comentario:
Fue todo muy bonito!!! La canción de “la muralla” lo mejor sin duda, todos unidos por la PAZ
Publicar un comentario