FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!

viernes 27 de enero de 2012

Estreamos cifra nova!!

Hoxe na clase das Xirafiñas tivemos festa: Claudia estaba de cumple!!
Coma sempre, fixemos a súa coroa e xa lista axudámoslle a soprar as veliñas, que xa son 4!!


Despois desfrutamos da riquísima torta de cumple e acabamos a semana xogando cos disfraces e na cociña.
Moitas grazas a familia de Claudia por axudarnos coa festa.
Parabéns pequecha!!!

2 comentarios:

Iria Lamas dijo...

Nos alegramos mucho de que os gustara la tarta; y gracias a vosotros por hacer este día tan especial para nuestros peques, les hace mucha ilusión. Claudia estaba MUY FELIZ!! gracias, las fotos están muy bonitas ayyyys que mayores se hacen estas jirafas!!!

Dámaris dijo...

Desde logo un trimestre como se lles nota a estes mociños. Sen case decatarnos xa serán de 4 anos. Parabens para a máis maior da clase e... "peteiriños" para todas as xirafiñas e a súa profe.