FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!

jueves 22 de diciembre de 2011

Celebramos o Nadal!!

O primeiro trimestre chega oa seu fin, e para celebrar a chegada do Nadal por todo o alto as Xirafas e as Tartarugas preparamos con moito cariño e moita ilusión unha actuación estelar, como as grandes estrelas que somos!!
Coa música do novo disco de Mamá Cabra, "Xa me tardan estes Magos", os peques do cole preparamos este baile tan movido, que gustou moito a pequenos e maiores, non si?

video



Despois de tanto traballiño, e como remate da festa, todos os nenos e nenas de EI celebramos unha festa cun montón de larpeiradas, das que dimos boa conta.



Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración na celebración e organización deste festival.

2 comentarios:

veronica sendon dijo...

ME ENCANTAS LAS FOTOS Y EL VIDEO AHORA MISMO LO ESTABA VIENDO CON NAIARA Y SE PUSO A BAILAR.

Iria Lamas dijo...

Gracias a vosotras!! Hicisteis un trabajo estupendo con nuestros peques, les salió de maravilla y disfrutamos un montón viéndolos bailar, nos encantó.