FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!

martes 20 de diciembre de 2011

Os paxes reais visitan o cole

Hoxe, saíndo do festival do Nadal, os nenos do cole levamos unha sorpresa tremenda: os paxes reais esperábannos na porta do cole para recoller as nosas cartas para as Súas Reais Maxestades os Reis Magos de Oriente!!

video

video

Xa nas clases botamos as nosa carta no buzón real e a cambio levamos unha bolsiña de caramelos!! As nosas caras falan por sí solas, verdade??



1 comentarios:

Iria Lamas dijo...

Que guay, que ilusión les hizo…. la verdad es que sus caritas lo dicen todo, Claudia llegó a casa emocionada y encantada con sus caramelos, muy buena sorpresa los pajes.