FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

jueves, 16 de diciembre de 2010

Montamos o Belén!!

O martes todos os nenos e nenas de infantil saímos do cole para visitar o Belén e o Museo das Mariñas de Betanzos.
Como somos moitos Couceiriños dividímonos en dous grupos, e nós fomos primeiro ao Museo onde vimos cousas moi antigas: tumbas, aparellos de traballo, máquinas de cine, máquinas de música con discos de pedra, traxes (incluído un de noiva, que era negro!)... e hasta as esculturas de pedra dos cabaleiros de Pontedeume!!

Logo, aproveitando a boa mañá, merendamos na praza e xogamos un anaquiño. Tivemos varios aterraxes forzosos, pero como estamos moi preparados entre nós xa facémonos as curas!!

Xa coa panza chea fomos ao Liceo para ver o Belén. Era moi grande, e todas figuras movíanse e falaban, os anxos baixaban e subían sós, chovía, nevaba... En fín, que non sabiamos para onde mirar!!

3 comentarios:

Dulce Rodríguez dijo...

Qué ben o pasaron, Pablo estaba contentísimo, e gustoulle moito o Belén. Grazas por facelo tan ben.

Sandra dijo...

A Victoria eso del traje de novia negro le impactó, dice que así se casó la abuela Rosario(la bisa) porque ella es muy antigua. Y lo de Herodes que quería matar a todos los niños.

Luciano dijo...

Moi boa iniciativa a de que coñezan e valoren a cultura que nos rodea, tamén fora da aula, e neste caso, no noso propio entorno

Felices festas!!!

Luciano