FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

sábado, 8 de diciembre de 2012

As estrelas do Nadal

No cole xa é oficialmente Nadal!!
Como nos centros comerciales máis importantes e nas grandes cidades o noso cole tamén ten "encendido navideño" e iso aconteceu este mércores!!

Grazas ao traballo e implicación de todas as familias de infantil a árbore do nadal do Couceiro xa luce fermosa na entrada do cole!! E nós a mar de orguiosos de ver e recoñecer a nosa estrela entre tanto brillo e purpurina!!

Ademáis a profe Pilar preparou cos seus alumnos un fermoso belén do que tamén podedes desfrutar, tanto como o facemos nós cada vez que pasamos polo corredor principal.

Pero como non toda a decoración ía a ser para o corredor principal... os peques do Couceiro convetéronse en os auténticos trasnos do Nadal e que agora adornan o noso corredor.


Estes pequechos si que son unhas grandes estrelas, non sí??

De novo, moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración!!

5 comentarios:

profes de infantil dijo...

Por suposto que si, son unhas estrelas xigantescas. Nós o luns tamén estamos a espera dos adornos que mandamos para a casa esta semana. Desexamos que sexan tan chulis como os vosos. Un bico e noraboa a todos.

María Aneiros dijo...

Qué bonito, Ana!
Gústanme moito eses pequenos trasnos e é unha idea que de seguro vou poñer en práctica.
Por iso, unha preguntiña... Onde podería conseguir eses modelos de ficha para facelos?

Un saúdo e Bo Nadal!!!

Ana dijo...

Muchas gracias chicas!! Estos niños y niñas son unos artistas!!
María, las plantillas están en mi Picasa. Puedes encontrar en enlace en la columna derecha de mi blog de recursos: "Cousas dos nosos profes" (http://cousasdeprofes.blogspot.com.es/).
Dentro de unos días, cuando estén todos listos lo colgaré también como entrada del blog.
Espero que te sirva.
Biquiños!!

Iria Lamas dijo...

Pues sí que son unos artistas!! Las estrellitas quedaron genial y los duendecillos chulísimos, la Navidad les encanta y se lo pasan pipa cuando tienen que hacer trabajitos en casa, les hace mucha ilusión después enseñarlos en el cole

María Aneiros dijo...

Moitas grazas Ana!!!!Xa de paso descubro o teu Picasa que está cheíño de cousas interesantes!
Un bico