FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

jueves, 26 de diciembre de 2013

As derradeiras actividades do ano 2013!!

Esta derradeira semana do ano deu para moito, así que deixámosvos os mellores momentos para que os desfrutedes en familia.

Preparamos unha orixinal árbore de Nadal usando unha piñas moi pequerrechiñas que trouxeron ao cole Ana e a súa mamá.
Moitas grazas!!


Quedaron moi chulos, verdade??

Tamén tivemos tempo para sorprender a todos coa nosa fantástica actuación no festival de Nadal.
O fixemos xenial, non si??




Se tedes fotos do gran momento poderes mandarmas a anaalvarezfontenla@edu.xunta.es.

E para terminar a semana como merecíase, os Paxes Reais visitaron o noso cole para que puideramos entregarlles as cartas para os Reis Magos.
Como todos portámonos moi ben, seguro que eles tamén pórtanse estupendamente con nós!!


paxes13presentación imagenes

E nada máis, e nada menos!!

Pasádeo moi ben, gozade moito das festas e descansade nas vacacións!!

2 comentarios:

Unknown dijo...

Quero comezar este comentario agradecendo de antemán o traballo que lle adican a tódolos nen@s o profesorado ¡¡¡graciñas e parabéns!!!. Agora sigo a agradecer a tódolos nenos a boa mañá que nos fixeron pasar con a súa actuación, posta de manifesto nos milleiros de aplausos que arrincaron de tódolos presentes. Non quero finalizar sen expresar o meu agradecemento persoal a tódolos profesores, director incluído, que participaron no baile que supuxo o magnífico colofón á actuación de infantil. ¡¡¡PARABÉNS!!!.

Iria Lamas dijo...

Es verdad nos encantó todo! la decoración del cole tan bonita,ese adorno tan original del árbol de Navidad y por supuesto el baile que lo hicieron genial y estaban guapísimos ! Y bueno el baile de los profes fue la sorpresa de la mañana estuvo genial! Gracias