Non fai falla dicir que o pasamos moi moi ben!! No Planetario ensinaronnos novas constelacións (Orión), a estrela Polar que é a única que non se move no ceo, a Saturno... gustounnos moito que fora de noite de súpeto e logo outra vez de día.
No resto da Casa puidemos ver, tocar, oler un montón de módulos moi guais, algúns os entendiamos e outros non pero desfrutamos moito con todos.
Tamén aproveitamos para merendar de "picnic" e non coma sempre nas nosas mesas, e xogar un pouco ao redor da Casa.
Podedes ver todas as fotos no album Casa das Ciencias.


