FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

miércoles, 18 de marzo de 2009

3, 2, 1... Despegamos!!!

Xa levamos unhas semanas recopilando información e acondicionando o noso recuncho do universo para ir colocando alí todo o relacionado co tema.
O primeiro que fixemos foi preparar as letras para poñer "O UNIVERSO" no recuncho. As fixemos entre todos pegando papeliños de cores e quedou un resultado moi vistoso!!



Tamén falamos sobre as cousas que xa sabiamos do universo, e as cousas que queremos aprender, e de como o imos facer. O remate do proxecto decatarémonos de si estabamos equivocados ou non!!



Unha das conclusións as que chegamos era que podiamos aprender moito mirando libros e contos, así que nunha das nosas visitas a biblio do cole buscamos libros relacionados co tema que tamén incorporamos ao noso recuncho.



A verdade é que estamos moi contentos co noso proxecto de investigación e encáantanos mirar os libros e contos, xogar coa plasti a facer galaxias e planetas (saturno) e cantar a canción dos planetas!!!
O venres aproveitamos para ir o ximnasio e xogar a "Os planetas". Victoria era o Sol e os demáis eramos os diferentes planetas que xiran ao redor del. O pasamos moi ben, aínda que as órbitas remataron algo "liadas"!!!!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

É moi importante que dende pequenos empecen a apreciar as dimensións do universo e a natureza, e mellor aínda si é de forma xogada e divertida.

Saúdos,

Anónimo dijo...

Estos si que son los auténticos Litle Einsteins !!.

Dulce Rodríguez dijo...

Qué genial, Pablo está todo el día hablando de "estrellas", y le encanta. Estábamos pensando en ir el "finde" al Planetario, pero veo que os habeis adelantado. Qué bien lo de la excursión del Viernes. Bicos.