Non fai falla dicir que o pasamos moi moi ben!! No Planetario ensinaronnos novas constelacións (Orión), a estrela Polar que é a única que non se move no ceo, a Saturno... gustounnos moito que fora de noite de súpeto e logo outra vez de día.
No resto da Casa puidemos ver, tocar, oler un montón de módulos moi guais, algúns os entendiamos e outros non pero desfrutamos moito con todos.
Tamén aproveitamos para merendar de "picnic" e non coma sempre nas nosas mesas, e xogar un pouco ao redor da Casa.
Podedes ver todas as fotos no album Casa das Ciencias.
2 comentarios:
Que sorte ,vese que o pasastes moi ben. Nos tamén queremos ir pero temos que esperar ainda un mes. Xa vos contaremos
Qué bien lo pasaron, Pablo ahora no es de la tierra, dice que es "jupiteriano" y no le digas lo contrario, jajaja...
Publicar un comentario