Na nosa clase tamén temos probas disto porque a pasada semana chegaron nunha caixa uns novos compañeiros. O principio por máis que mirabamos dentro da caixa só veiamos unhas folliñas e unhas bolitas, que algún pensaba que era millo. Coa axuda da profe collimos unha folla e pouco a pouco decatámonos de que había uns bechos moi pequerrechos: eran os vermes da seda!!! Levan xa máis dunha semana connosco e damoslles de comer todos os días follas de moreira e están empezando a medrar e poñerse algo gordiños!!
Tamén estamos a aprender moitas cousas dos vermes a través do ordenador porque xogamos a un xogo sobre eles.
Pero os vermiños non foron os únicos visitantes que tivemos na clase porque Joel, de 4 anos, trouxo uns cágados. Os observamos moi ben, mirando a coliña e as pequenas patiñas que xa empezaban a sairlles. Tamén miramos fotos e dubuxos en internet para enterder mellor como van medrando os cágados ata converterse en ras.
3 comentarios:
Con el miedo que le tiene victoria a los bichos!Que los mire siquiera tan de cerca me parece un paso enorme. Genial la idea.
Hola Ana!!
Soy Naiara, una profe de un cole de Poio. He visto vuestra candidatura al premio ciberespiral y me he pasado a cotillear. Me ha encantado vuestro blog (os voy a enlazar porque me parece muy interesante), hacéis unas actividades muy chulas!!!! Me ha gustado tanto que os he dejado un premio en mi blog, puedes pasar a buscarlo en http://duendesjuguetones.blogspot.com
Espero que os guste.
Mucho ánimo y un saludo!!!
que asco me dades noxo
laura
Publicar un comentario