FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

lunes, 2 de marzo de 2009

Descobrimos as estrelas

Hoxe ao chegar o cole enterámonos de que tiñamos preparada unha sorpresa, visitábanos un planetario!!! Falamos un pouco sobre o tema e a verdade é que sorprendeume que a maioria coñecía o que era un planetario e tiñan máis ou menos claro que nel podiamos ver o espacio, as estrelas, o Sol, nubes...
Xa no planetario puidemos ver estrelas e como formaban as figuras dalgúns animais, un león, unha osa, un escorpión... O pasamos moi ben pero o máis divertido foi "cazar" estrelas e gardalas nos nosos petos. Seguro que aínda temos algunha!!!




Aproveitando a ocasión, e sendo este ano o ano da Astroloxia, pedimos a vosa colaboración de novo, neste caso aportando materiais (contos, pelis, xogos información da rede...) para investigar sobre o Universo. A ver se somos capaces de facer un pequeno proxectiño de investigación sobre o tema!!! Xa sabedes, todo vale, de todo aprendemos!!!

Ah!! Xa temos listas as fotos da Casa do Queixo!!!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Cómo le gustó a victoria esto del planetario, fue lo primero que me dijo al salir de clase, cuando algo no le gusta no me cuenta nada pero ayer vino emocionada. Luego se pasó todo el dia preguntando cosas sobre las estrellas y mirando al cielo constantemente, no os podeis imaginar cuando por la noche salio la luna y las estrellas....como si fuera la primera vez que las veia. La dejó impactada esto del planetario.

Dulce Rodríguez dijo...

Pablo está encantado co planetario,estivo falando das estrelas, da luna e do sol un bo rato, de feito esta noite falou máis que outra cousa. É moi bonito, buscaremos cousiñas para que os nenos e nenas traballen. Un biquiño.

luisa dijo...

Cando voltabamos para a casa onte a noite Ana puxose moi contenta porque habia moitas estrelas no ceo...As veces andamos con tantas prisas que nin nos fixamos nestas cousas, e a verdade era unha noite perfecta para mirar para ao ceo e disfrutar das estrelas.