Nel empregaremos todo tipo de materiais cos que poidamos ler e escribir, e que poidamos encontrar no noso día a día: xornais, publicidade, catálogos, listas...
Para empezar descobrimos o xornal, un material que está ao noso alcance pero que poucas veces manipulan os pequechos.
Aprendimos moitas cousas con el: para que sirve, como pasar as follas para non desmontalo, as partes do xornal, que conta distinto tipo de noticias, que ten unha sección de pasatempos, outra con mapas do tempo, outra con cousas da tele...
E empezamos a decatanos das distintas partes que teñen todas, ou case todas, as noticias. E para rematar a primeira sesión cada quen convertiuse en xornalista para inventar o seu primer titular.
Hoxe continuamos co obradoiro elaborando a nosa primeira lista, neste caso sobre os nosos xoguetes preferidos, aínda que sabemos que poden ser de moooooitas cousas: nenos, chuches, cumples, a compra, cousas que limpar...
Animádevos a deixar que os nenos manipulen cos obxectos cotías "de maiores", e observen, comparen, lean, escriban... seguro que vos sorprendedes!!
1 comentario:
Que bien!! Se van a convertir en unos grandes lectores, Claudia en casa se dedica a leer todo lo que encuentra por delante en el desayuno por ejemplo la ves leyendo lo que pone en la caja de cereales..... se les ve muy interesados :)
Publicar un comentario