Aínda son moi, moi pequeniños, son larvas que acaban de saír dos oviños e teñen que comer moitas follas de moreira para facerse grandes e completar a súa transformación.
Se alguén quere levar oviños e larvas pode pedirnolas, e se ides de paseo e vedes folliñas podedes traelas, seguro que as larviñas volo agradecerán!!

Pero non foron os únicos descubrimentos da semana, porque a bolboreta Iago trouxo uns cágados moi pequeniños para que os puideramos ver. De seguro que agora xa están desfrutando dunha charca onde poder medrar ata converterse en rás.
E para rematar cos descubrimentos naturais hoxe prestáronnos unha maceta cunha pranta un pouco "chuchurría".
Despois do debate: non lle botaron auga, non tivo luz... descobrimos algo na terra da maceta: patacas!!!
Así que falamos un pouco sobre os distintos tipos de prantas, e parte que aproveitamos de cada unha.
Xa vedes que non paramos de aprender!!!
1 comentario:
Es increíble la cantidad de cosas que aprenden y se les ve muy interesados en todo!! son unos súper investigadores, a ver si de verdad llega la primavera y pueden disfrutar de muchas mas cosas!
Publicar un comentario