O curso remataba e queríamos aproveitalo ata o final...
Rematamos o albúm bilingüe dos instrumentos, que durante moitas semanas fomos completando recibindo premios cando nos portabamos moi ben. Foi un traballo complicado, porque tiñamos que buscar os cromos polo corredor para comprobar como se chamaba o instrumento en galego e en inglés e logo buscar o seu oco no panel!!
A profe Marga deu un premio a cada clase polo ben que o fixemos!!
O xoves tocaba xornada de xogos populares e os peques tiñamos preparado no pabillón un super-circuito, que había que percorrer tres veces, ata completar os tres cuños do carnet, para logo poder conseguir un premio na tómbola!!!
Que contentos estabamos cada vez que completabamos unha volta!! Era un circuíto moi difícil, e o fixemos moi, moi ben!!!
Que contentos todos cos nosos premios!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario