Foi toda unha sorpresa e todos estabamos contentísimos!!
Ao chegar merendamos, cunha vista espectacular, e logo... a xogar!!!
Tamén aproveitamos para coñecer algúns nomes das árbores que enchen o xardín: a árbore dos namorados (que ten follas en forma de corazón), a árbore da bruxa (no que se vos fixades veredes, coma nós, o nariz, o gorro, un ollo...).
E como estabamos de paseo pola zona tamén visitamos o banco dos namorados, no que tivemos declaracións espontáneas dos namoramentos da clase!!
Unha excursión moi curtiña pero moi productiva!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario