Os nenos e nenas de Infantil trouxemos da casa fotos nas que aparecemos sorrindo, e tamén falamos de cando ou por qué sorrimos.
Estas foron algunhas das respostas na clase das Xirafas:
- Unai: cando nos regalan un xoguete, cando nos deixan ver a tele.
- Claudia: cando Papá Noel trae regalos, cando xogamos no parque, cando facemos unha ficha, na bañeira.
- Inés: cando nos sacan unha foto, cando imos na moto.
- Dafne: cando botan fogos nas festas.
- Alejandra: cando mamá sorrí coa cámara.
- Laura: cando montamos a árbore de Nadal.
- Diego: cando me len un conto.
- Ana: cando nos collen no cabaliño.
O mural está no corredor principal do cole, e convidámosvos a vir a desfrutalo, e tratar de identificar as profes!!
Os compañeiros de Primaria tamén fixeron traballos sobre o tema, así que non deixedes de admiralos.
Premede sobre as imaxes para velas máis grandes.
1 comentario:
El mural quedó genial!!! qué bonito!!!, la verdad es que deberíamos de sonreír y reírnos más.
Publicar un comentario