FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!

lunes 16 de enero de 2012

Eu sorrío cando...

No noso cole sabemos da importancia do sorriso para porder sentirnos mellor e facer sentir mellor aos demáis, e por iso está a ser un tema de traballo e reflexión para todo o Couceiro.
Os nenos e nenas de Infantil trouxemos da casa fotos nas que aparecemos sorrindo, e tamén falamos de cando ou por qué sorrimos.
Estas foron algunhas das respostas na clase das Xirafas:
  • Unai: cando nos regalan un xoguete, cando nos deixan ver a tele.
  • Claudia: cando Papá Noel trae regalos, cando xogamos no parque, cando facemos unha ficha, na bañeira.
  • Inés: cando nos sacan unha foto, cando imos na moto.
  • Dafne: cando botan fogos nas festas.
  • Alejandra: cando mamá sorrí coa cámara.
  • Laura: cando montamos a árbore de Nadal.
  • Diego: cando me len un conto.
  • Ana: cando nos collen no cabaliño. 
Xunto co resto das clases de Infantil fixemos un mural para plasmar todo o noso traballo sobre o tema, e recoller unha selección das mellores reflexións sobre o sorriso.



O mural está no corredor principal do cole, e convidámosvos a vir a desfrutalo, e tratar de identificar as profes!!

Os compañeiros de Primaria tamén fixeron traballos sobre o tema, así que non deixedes de admiralos.



Premede sobre as imaxes para velas máis grandes.

1 comentarios:

Iria Lamas dijo...

El mural quedó genial!!! qué bonito!!!, la verdad es que deberíamos de sonreír y reírnos más.