FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

jueves, 18 de noviembre de 2010

Aviso

Todos coñecedes xa os problemas de filtracións de auga e as consecuentes pingueiras que abarrotan o noso corredor de Infantil dende hai moito tempo, e con moita máis intensidade durante esta semana debido aos continuos temporais.

Hoxe, os técnicos quitaron algunhas das planchas do teito máis afectadas (e que xa tiñan unha gran cantidade de auga acumulada) e parte do teito caeu con elas.

Non houbo ningún dano persoal, pero lóxicamente os nenos e nenas tiveron que saír dos espazos de infantil e pasar o resto da mañá noutras dependencias do centro.

Tamén coñecedes a lamentable situación do patio dos pequenos do cole polo que tampouco ese espazo pode ser usado.

Dende aquí só podo comunicaros que a ANPA do centro recomenda non mandar aos nenos e nenas de Educación Infantil ao colexo mañana venres, xa que ao non poder pasar as aulas a actividade docente é imposible.
E para rematar, unha reflexión persoal: é unha auténtica pena que o noso colexio sexa coñecido nos medios e pola opinión publica por este tipo de cousas cando é un centro no que se traballa moito e moi ben. Estamos fartos de gastar as nosas enerxías nestas historias!!


2 comentarios:

Sandra dijo...

Tienes toda la razón Ana. Yo, como madre , estoy supercontenta con el centro, en cuanto a personal docente y a lo bien que trabajais con los niños, y me dá lástima, que, como he visto en otros blogs, a consecuencia de esto, hay gente que se plantea si enviar a sus hijos a este colegio en un futuro. Yo animo a todo el mundo a que lo haga , porque es un cole buenísimo al que desde las administraciones se está haciendo mucho daño por su dejadez. Y siempre " pagan el pato" los mismos. LOS NIÑOS.

Luisa dijo...

Completamente de acuerdo contigo