FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

viernes, 19 de noviembre de 2010

Visitamos a panadería

O pasado martes, que o tempo deu unha pequena tregua, puidemos saír do cole para ir á panadería e seguir descubrindo de primeira man o proceso de uso e consumo do millo.
Xa sabíamos como seméntase, recóllese, usos... pero, aínda que sabíamos que con el pódese facer fariña e coa fariña moitos máis alimentos, e sempre moito mellor experimentalo!!

Por iso, grazas a colaboración da familia da nosa compi Rocio, descobrimos que a masa faise con auga, sal, lévedo e fariña. Logo puidemos amasar o noso propio bolo, e cada un podo traballalo con estilo propio así que vimos bolos, bolas adornadas, barras, colíns "para toda a vida"...

O papá de Rocío ensinounos a máquina que fai as boliñas de masa e a que fai os "churriños" que logo convertiránse nas barras que nos coñecemos. Despois as metemos no forno con outra máquina, que tiña un brazo moi, moi longo xa que senon queimaríamos porque o forno estaba a 200 graos!!

Como as nosas "creacións" tiñan que estar alí uns 20 minutos, marchamos para o cole, non sin insistirlles as mamás de Rocío e María (as encargadas de traer ao cole o pan) que "nos somo do Couceiro, eh!!!". Non foran a equivocarse de cole e quedaramos sen o noso panciño!!!


O pan estaba moi rico, non si??
Moitas grazas a todas as familias que axudannos a seguir aprendendo!!!

2 comentarios:

el país de los enanos dijo...

Hola guapa, te he dejado un regalito en mi blog, pásate cuando quieras. MIl besitos.

Sandra dijo...

Una experiencia buenísima, Victoria quiso compartir su pan en casa, pero solo un poquito, orque sino no le quedaba para la merienda. Riquísimo. Gracias a los papas por su tiempo, paciencia y ganas de enseñarles .