Os nenos de Infantil, que xa queriamos estar preparados, comezamos a pasada semana a realizar un gran mural sobre unha caricatura do autor.
Non era un traballo sinxelo e adicamos toda a semana a facelo entre todos en distintos momentos.
Como vedes usamos diferentes técnicas para facelo: estampación con esponxas, collage de distintos trociños de teas para o traxe, pinceis para a cara, lá para o pelo, plasti para as gafas... O resultado é alucinante, seguramente porque o fixemos todos xuntos e con moita ilusión!!!! (podedes admiralo xunto a porta do ximnasio)
1 comentario:
Pablo está moi entusiasmado co mural das Letras Galegas, onte non parou de falarme de Ramón Piñeiro, creo que se coñecen...vamos, parecíame a mín do moito que me contaba jejeje. Bicos.
Publicar un comentario