FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

lunes, 11 de mayo de 2009

Xa é primavera no Couceiro Freijomil

Aínda que tomémoslle a frase prestada aos famosos grandes almacéns, e non decoremos tan rápido coma eles, é certo que despois de moito traballo nós tamén temos unha clase moi primaveral.
O primeiro que fixemos foron as flores. Para facelas usamos un recurso ben sinxelo: os vasiños dos iogures, gomets e moita arte.



A idea gústanos tanto que seguimos gardando algúns vasiños para facer máis flores!!!

Logo seguimos decorando facendo unhas bolboretas que teñen moito traballiño porque coloreamos, pintamos cos dedos e picamos para obter este gran resultado!!



Por certo, engadimos ao blog un novo apartado na columna da dereita que espero que vos sirva de utilidade.

2 comentarios:

Sandra dijo...

Bueno, por lo menos vosotros le poneis empeño a la primavera porque el tiempo...no acompaña mucho. Las flores os quedaron chulisimas y las mariposas muy originales, con razon este finde, en el paseo, victoria decía "me gusta disfrutar de la naturaleza". Hemos estado escuchando el "top ten" de las foquiñas y nos sorprendió que el soy una taza esté entre ellos porque la hemos bailado muchas veces en casa, qué nivel de seleccion musical. Una pregunta, la agenda podemos utilizarla para mandarte los justificantes por e-mail?. Sandra

Ana dijo...

Pues no lo había pensado... lo preguntaré pero no me parece mala idea, así también ahorramos papel!!