FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

martes, 14 de abril de 2009

Voltamos e estreamos xoguete!!

Hoxe, despois dunhas merecidas vacacións, voltamos ao cole e tiñamos un montón de cousas que contarnos: uns foron o cine, outros visitaron outras cidades, outros foron a ver animais... Durante todo o día foi o tema de conversación, agás no momento do patio porque tiñamos un novo xoguete que tivemos que explorar e co que experimentar porque non estaba moi claro o que era. Podía ser un casco, unha silla do salón de perruquería, unha mecedora, un peón xigante sobre o que xirar...



Aínda non sabemos o que é ou como chamalo pero sí sabemos que serve para xogar!!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Pues si se admiten apuestas yo creo que es justo eso: un juguete para hacer volar la imaginación. Pero Ana, porfa, si tu lo sabes dinoslo, por lo menos yo estoy intrigada. Sandra

Anónimo dijo...

No se lo que habreis hecho esta semana, pero VIctoria está super simpática. A cada cosa que dice le busca la palabra por la que empieza. Por ejemplo: " mami me vas a hacer la cena? ce,ce, ce,cena,...empieza por c!! ma, ma,ma..mami...empieza por m!!" Asi todo el rato, y podemos pasarnos media hora jugando a por qué empieza...?.Está entusiasmada, y me sorprende que se las sabe casi todas, aunque a veces diga que zapato empieza por"za".

Ana dijo...

A ver, voy contestando...
El juguete que veis en las fotos es, exactamente lo que veis. El nombre es Bilibo (según la casa de juguetes donde lo compramos) no es nada en concreto pero sirve para muchas cosas...
Con respecto al otro comentario estos días estamos relacionando las letras de nuestros nombres con distintas palabras y a veces son ellos los que preguntan porque empieza tal o cual palabra y yo se la repito exagerando la primera letra para que vayan discriminando sonidos. La verdad es que lo pasan muy bien!!