FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

lunes, 6 de abril de 2009

O noso Sistema Solar

Nestes últimos días estivemos preparando entre todos o noso propio Sistema Solar. Para facelo algúns nenos pintamos os planetas mirando polos libros do recuncho de investigación do Universo, outros repasamos os nomes dos planetas e todos fixemos unhas estrelas moi chulas!!
O pasamos moi ben mirando como tiñamos que pintar cada un dos planetas e logo axundando a profe a colocalos pola orde correcta.

6 comentarios:

sara dijo...

Ola foquiñas!!! Son una nena de superquintob. Quería dicirvos que no meu blog hai un agasallo que vos está esperando.
Moitos bicos e espero que vos guste.

Luciano dijo...

Ola a todos/as
Paula anda entusiasmada cós planetas e as estrelas.
Dende moi pequena lle gustou mirar ao ceo pola noite: nunca se lle escapaba o avión das 21.00 h que pasa por riba da casa dos avós todos os días; tamén mirar a lúa e as estrelas.
Agora algunhas das estrelas xa teñen nome e pregúntame cales son.
En canto aos planetas, Saturno é o seu preferido, "porque ten un anel".
Tamén lle gusta mirar polo telescopio, pero ponse tan nervosa que quere enfocar ela sola e non dá atinado.

Unha aperta e felices vacacións!!

quintob dijo...

ola foquiñas :nós temos unha cousa dos planetas para darvos e tamén tedes que pasar polo noso blog para recoller o premio ao blog maneiro que xa sei que tamén Sara volo concedeu e que sodes uns campeóns.
Pasade uns bos días de descanso porque a volta vai ser unha caña.Bicos

Anónimo dijo...

Hola niños/as!!! Os quedó precioso el sistema solar, las estrellas ya las había visto pero el resto está muy bonito, el sol iluminando y los planetas alejados, unos más que otros, que guay!!!!
Me dio mucha pena tener que irme. Muchísimas gracias por los dibujos a todos y a Ana por ayudarme en mi formación.
Muchas gracias!!!
Un besito para todos/as.

Cris dijo...

Ola foquiñas!! Os nenos e nenas de 3 anos B de Ortigueira queremos que visitedes o noso blogue para recibir un premio.
Bicos.

sara dijo...

Hola!!! En mi blog hay un regalito para vosotros.

Espero que os guste.

Besos y felices vacaciones!!!