FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

domingo, 29 de marzo de 2009

Premio Agarimoso

Sen nominacións, candidatos favoritos, quinielas... nos Premios Agarimosos todos gañamos e a nós premiáronnos:

Moitas grazas chicos, estamos moi orguiosos de que pensarades en nós!!




E agora tócanos continuar:

As reglas a cumplir son as seguintes:
1- Facer link co blogue da persoa que cho otorgou
2- Escribir as reglas do mimo no teu bloque
3- Contar 6 cousas aleatorias sobre ti
4- Outorgarlle o mimo a 4 personas máis y enlazalos
5- Deixarlle un comentario ou aviso a quen llo outorgaras
6- Deixar os obsequiados saber cando publicaches o post

Así que 6 cousas sobre min...

  • Son unha privilexiada porque o paso moi ben no meu traballo
  • Son "adicta" a contarvos cousas no blog e a enredar co ordenador
  • Encantame a cor verde
  • Teño unha GRAN colección de bolsos, colares, pulseiras, pendientes...
  • Reláxame sentarme ao solete cun bo libro
  • Desfruto moito nas reunións familiares e cos amigos

Os nosos Premios Agarimosos son para......

  1. Para María, http://clasedoscabalos.blogspot.com/, a miña compi de 3 anos, por o día a día que compartirmos e o que nos queda...
  2. Para Pilar e SuperquintoB, http://superquintob.blogspot.com/, uns dos maiores do cole e que sempre están dispostos a axudarnos e a participar connosco dun montón de actividades.
  3. Para Juana e os seus compis, http://anosabiblio.blogspot.com/, pola axuda prestada nos primeiros momentos, Moitas grazas Juana!!
  4. Para Marta, http://mbasanm.blogspot.com/, para darlle moitos ánimos para seguir co seu blog, que empezamos no noso cole e que continuará por moitos máis....

4 comentarios:

sandra dijo...

No entiendo muy bien de que va , pero mi enhorabuena para Ana. Si te han dado un premio seguro que te lo mereces, porque como a mi, seguro que a muchos papis una cosa nos queda claro y es que te lo curras, con los peques, con el blog, con nosotros...da gusto ver el buen rollo que teneis entre compañeros, que para los que trabajamos sabemos que es fundamental para trabajar a gusto. Enhorabuena.

Ana dijo...

Moitas grazas!! Explícovos... os premios Agarimosos no sei moi ben de onde sairon, pero os damos propios compañeiros; é unha forma de recompensar o noso traballo diario nos blogs. Unha cadea de agarimos!!!
Nós estamos encantados de recibilos por partida triple!!!

Cris dijo...

Moitísimas grazas Foquiñas e moitísimas grazas para a vosa profe Ana.
Fíxome moita ilusión recibir o premio agarimoso, todo un detalle pola vosa parte.
Eu tamén espero poder disfrutar do voso blogue por moito tempo. Con el aprendo cousiñas e collo ideas para o meu.
É interesante e á vez diferente esta maneira de compartir as nosas experiencias.
Bicos moi agarimosos dos nen@s de 3 Anos B do cole de Ortigueira e da súa profe Cris.

Juana dijo...

Estamos ENCANTADOS de ter sido agasallados cun premio agarimoso.
MOITAS GRAZAS!!!